logotipo

img_google
Igrexa / Santa Comba de Bande / 2
baixalimiaxures.com
LOBIOS
ENTRIMO
MUIÑOS
LOBEIRA
BANDE
Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés
Gerês Xurés
Parque Nacional Peneda Gerês

SANTA COMBA DE BANDE

PÓRTICO DA ENTRADA
BANDE

Os edifícios relixiosos de estilo Visigodo, son pequenas igrexas que, se ben no área Castelán-Leonesa están situadas en núcleos autónomos da vida Critiana, é decir, en terra de Visigodos, na zona Galaico-Portuguesa están próximas a antigos enclaves de época romana.

IMAXEN DE SAN TROCADO

Os restos de San Trocado foron trasladados desde Acci (Guadix), á antiga igrexa de Santa Comba, unha vez iniciada a conquista Musulmana da Península. Aqui permaneceu nun sepulcro de Marmol ata o seu segundo traslado á Igrexa de San Rosendo de Celanova no Século XVII, onde se atopa distribuído en varios relicarios e nunha arca de prata "obra de Juan de Nápoles" ; que representa varias esceas do Santo e milagres.

A tradición dos habitantes de Santa Comba (Bande) e Santa Cristina (Lobeira) narrán o traslado do Santo como un roubo e asi contan que cando o puxeron sobre o carro tirado por bois para o levar, só poideron chegar até o cruce de camiños (camiño romano de Baños de Bande a Ourense, convertido en época medieval en camiño de peregrinazón a Santiago de Compostela e denominado Raiña Santa), que marca os confins da paróquia e onde está situado o Castro de Lobosandaus. Esta lenda mistúrase algunha vez coa do propio Castro.

SARCÓFAGO DE MARMOL DONDE FUE ENTERRADO SAN TROCADO

Na abundante Historiografía atopamos opinións para todos os gustos, destacando:

Frai Benito da Cova escrebe "História de Monasterios e Prioratos anexos a Celanova". Nun capítulo desta obra afirmase por primeira vez, a antiguidade de Santa Comba de Bande. Da Cova copia parte dun documento no que se narra a repovoación da zona por Odoario en nome do rei asturiano Alfonso III no ano de 910 (872 d. C.). Odoario donará ao seu parente Odoino unha vila para povoar "cum eclaesiis de antiquisimis edificatas et vocatas .. Santae Colombae virginis", con isto probaba-se documentalmente a data de 872 como un momento no que a igrexa xa estaba construída.

Gómez Moreno M. "Primicias da arte cristián español", descrebea como un pequeno edifício de 19 x 12 metros en rectángulo que inclue o corpo da igrexa en planta de cruz griega, ósea de pólas iguais, destacando no meio e a maior altura un ciborio, capela cuadrada, porta no brazo meriadional do cruceiro e outra aos pés, precedida dun soportal...

Schlunk H. "Arte Visigodo" 1947, reafirma a unidade na obra de Santa Comba e englobaa xunto a San Pedro de Nave e San Pedro da Mata, no grupo de igrexas cruciformes, ainda que atribui-lle unha planta cruciforme inscrita nun rectángulo con abside saínte.

Núñez Rodríguez M. "Arquitectura prerrománica, História de arquitectura gallega" 1978, insiste en que Santa Comba non surxe como unha tentativa individual posto que a planta de tipo cruciforme chegaria a ocidente ó traveso de Lisboa ou Mérida, en estreito contacto con Oriente e con Bizancio. Destaca, xunto a outros autores os valores especiais da igrexa, o desexo de compartimentar o espacio provoncado mistério e recollemento.

Caballeiro Zoreda L. (escrebeu entre outros: "A Igrexa de Santa Comba de Bande, Sobre Santa Comba de Bande e as placas de Saamasas"...) somete a unha severa crítica os estudos anteriores sobre a igrexa de Bande e profere buscar novas vías de investigación e, en consonancia, romper os vellos tópicos que pesan sobre Santa Comba. Bande convértese nunha peza clave para definir o grupo que Caballeiro deseña xunto con Santa María de Melque e San Pedro da Mata. O eixo de referéncia deste novo grupo é o troco na cronología de Melque, que pasou de ser considerada Mozárabe a ser adscriña e á arte da época visigoda. A tese de Caballeiro, en eséncia, é que Santa María de Melque, San pedro da Mata e Santa Comba de Bande, unha vez estudadas estruturalmente e non só con criterios estilísticos, forman un grupo homoxéneo.

Os Monumentos hispano-visigodos do século VII sofreron na décima centuria obras de restauración que, en alguns casos, chegaron a desfigurar o seu xeito, facendo que entre os nosos historiadores xurda a polémica, pero este non ven mais que a confirmarnos que na décima centuria hai un "renacemento" das formas hispano-visigodas.
Camón e Puig negan o visigotismo de algunhas destas obras e defenden que a sua construcción é de finais do século IX ou comezos do X. Os que consideran que o templo é do século VII admiten que a reconstrución do IX foi moi importante.
SELLO DA PARROQUIA DE SAN TROCADO SANTA COMBA DE BANDE
Ousaba e Ruiz de Erenchun en 1949 escrebia referéndose a arte dos séculos IX e X en Galicia: "Pódese dicir que en Galicia existiu durante as centurias novena e décima unha arte que poderíamos chamar Galega, mistura de visigoda, asturiana e mozárabe".

 

BÓVEDA DE LADRILLO E VENTÁS DO CIBORIO

Nas inmediacións da igrexa de Santa Comba, ainda na actualidade, podemos observar un grande número de vestíxios correspondentes ás pegadas deixadas por outras culturas anteriores á fábrica da igrexa, entre as que podemos destacar as derivadas do proceso romanizador e que centrándo-se no complexo arqueolóxico de Aquis Querquennis e na Vía XVIII ou Vía Nova do roteiro de Antonino, chegaron-nos unha alta porcentaxe de epígrafes e elementos arquitectónicos, moitos deles reaproveitados e visíbeis actualmente no devandito edifício.

Esí temos un primeiro epígrafe - situado no muro norte da nave dos pés- correspondente a un miliario, agora con unha funcionalidade diferente servindo éste de fuste a unha pia bautismal.

Debido á complexidade que ten a igrexa para a sua letura como consecuencia das diferentes etapas constructivas, reséñanse a continuación os elementos fundamentais do Monumento.

Pórtico de entrada.

Posúe tres portas, unha delas tapiada, onde se apresenta un escudo e unha inscrición coa seguinte letura:

"ESTA CAPELA FVNDO E DOTO GASPAR RODRIGUES DE ARVO I ABBAD DE SANTA COMBA ANNO".

Nave dos pés, cruceiro e naves laterais.

A nave dos pés está construída nos seus muros Norte e Sur por dous paramentos de perpiaño. Estes paramentos conservan sinais en alguns perpiaños que corresponderían a un posíbel segundo andar ou coro de madeira.

Anteábsida e cuarto dianteiro esquerda.

Completa-se coa abertura de duas portas, unha no muro norte e que dá para un cuarto dianteiro esquerdo e outra no muro sur.

Absida.

Está construída na actualidade por un cuarto de planta rectangular á que se accede o traveso dun arco do triunfo, sostida por duas parellas de colunas de capiteis de estilos diferentes, sendo as primeiras de estilo visigodo e as segundas teñen as suas paralelas na arte asturiana.

Exterior.

A saída ao exterior realíza-se pola porta sur do anteábsida, esta daría paso a un cuarto que existiu en algun momento e da que só queda algun resto de perpiaño na sua parte mais baixa.

VISTA INTERIOR DESDE Ó PÓRTICO

VISTA INTERIOR DA ÁBSIDA

A Igrexa de Santa Comba de Bande é un Monumento de visita obrigada, para ó coñecer en profundidade recomendo-che a adquisición dos Libros: "Santa Comba de Bande" ou "Lethes -Cadernos Culturais do Limia-".

Fonte: SANTA COMBA DE BANDE (Por: Celso Rodríguez Cao e Fernando Álvarez Estrada)

baixalimiageres@hotmail.com
© www.baixalimiaxures.com