Canastros
baixalimiaxures.com
LOBIOS
ENTRIMO
MUIÑOS
LOBEIRA
BANDE
Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés
Gerês Xurés
Parque Nacional Peneda Gerês

Unha das construccións típicas de Galicia (e por iso da Baixa Limia) é o canastro, esta construcción asociada a cultura galega xunto cos cruceiros e os petos de ánimas asulagan o territorio de todo o pais, e non hai unha aldea onde non atopamos un canastro.

"O CANCELO" LUDEIROS

Tamén debemos deixar constancia da presenza desta construcción no norte de Portugal. Suponse que a influencia cultural galega tivo moito que ver en que os nosos viciños mais próximos fixesen desta construcción algo común nas suas aldeas e paísaxe do norte deste país.

Durante moitos anos o canastro foi unha construcción típica de galicia, hoxe en día xa non se construen canastros, se ben en algunhas canterías fan reproducións en miniatura desta construcción para adornar os xardíns das casas.

Este patrímonio herdado dos nosos ancestros debemos conservalo e protexelo , debido a que son moitos os casos nos que o mercado negro, o roubo e o bandalismo fan desaparecer das nosas aldeas esta significativa construcción.

O CANASTRO DA IMAXE É UN DOS POUCOS QUE SE SALVARON DAS AUGAS DO ENCORO DE LINDOSO.

Está situado no área de descanso de Aceredo.

CANASTRO SITUADO NO AREA DE DESCANSO DE ACEREDO

Non menos certo é que hai un grande número destes canastros que se atopan en estado de ruína, abandonados e a ponto de se derrubar. Todo iso é debido a que hoxe en día o seu uso é pouco frecuente se ben ainda hai aldeas onde a xente sige guardando as espigas para as manter secas e fora do alcance dos roedores.

CANASTRO  EN ESTADO RUINOSO

Nalgunhas zonas de galicia denomínase ao canastro co nome de "hórreo" (castelanismo da palabra galega) ou "Cabaceiro".

Descoñecese a sua orixe. Sendo o mais probable que estas construccións se remonten a época dos "Castros", debido a que os habitantes destas poboacións criase que dispuñan de secadeiros e almacens semellantes para guardar o grán. Se comparamos os canastros feitos coas construccións das cabanas atopadas nos antigos "Castros" seguen unha mesma estrutura, podendo pensarse que os canastros son unha variante desas construccións.

Existen varios tipos de canastros. (Segundo os materiais que abunden na zona de construcción).

CANASTRO  DE PEDRA
Destacando os construídos en pedra, podemos ver canastros de madeira en toda a seu estrutura salvo os pés de apoio e os mais comúns que combinan a pedra coa madeira.
CANASTRO  DE PEDRA E MADEIRA
CANASTRO DE MADEIRA

Estas construccións sexan dun material ou outro seguen todos un mesmo patrón, osea a sua función é ventilar o cereal depósitado no seu interior, e mantelo fora do alcance dos roedores.

CANASTRO CON ESPIGAS

Os canastros presentan un corpo de planta rectangular sostido por catro ou seis pés (normalmente) de pedra, en forma rectangular ou cilindríca, apoiando na sua parte superior unhas lousas de pedra circulares e lixeiramente cónicas chamadas "mós" ; ou "tornarratos". No seu corpo superior atopámonos con canastros nos que se utiliza só pedra, colocada de forma que quede como un enrrexado para permitir a circulación do aire. Os canastros construídos en pedra e madeira utilízase a pedra do corpo superior para facer as esquinas e os puntos de apoio, a madeira emprégase no enreixado lateral deixando espazos entre uns balaustres e outros para que circule o aire. Os canastros nos que se emprega somente madeira, teñen o mesmo tipo de planta mais sustitúese os apoios de pedra por traves de madeira.

Os tellados destas construccións acostuman ser a duas augas feitos de pedra ou de tella (en algunha construcción emprega-se como cubrida a palla "colmo"). Acostuma levar guarnicións ou tornaventos.

CRUZ POSTA NA PARTE MAIS ALTA DO CANASTRO

Tamén acostuma contemplarse nos canastros cruces e pirámides, as cruces teñen como significado o espantar os malos espíritos, a pirámide é simbolo de fertilidade.

O chan da planta acostuma facer-se en madeira, se ben alguns os teñen de pedra.
CANASTRO CO CHAN DE MADEIRA

A porta do canastro está situada normalmente no centro dunha das paredes mais estreitas, se ben son moitos os canastro que teñen a sua porta no lateral (xunto aos balaustres), estes canastros acostuman ser longos e divididos en vários compartimentos, cada compartimento pertence a un dono ou herdeiro, sendo este o motivo principal a hora de facer a porta polo lateral.

A lonxitude do canastro varia aúnque non influe na sua anchura, este acostuma abalar entre 1,30 e 1,50 metros co fin de manter as espigas perto das paredes para que sequen mellor.

EXEMPLOS DO QUE NON SE DEBE FACER.

Desgraciadamente, nos últimos anos as persoas co afán de conservar os canastros, engaden a estas construccións típicas paredes de ladrillo, aluminio ou chapas galbanizadas (no lugar onde deberían ir os balaustes de pedra ou madeira), substituen as portas de entrada de madeira por outras de metal. Facendo unha combinación de materiais que non casan coa arquitectura destas construccións.

Por iso deberian adoptarse medidas protectoras por parte da administración co único afan de conservalo noso patrimonio artistico-cultural. Todo acompañado de axudas á restauración dos canastros.

CANASTRO CON PORTA DE FERRO E REVESTIMENTO DE CEMENTO

CANATRO REVESTIDO DE CEMENTO E CON PORTA METALICA

CANASTROS CON BALAUSTES DE METAL

CANASTROS CON BALAUSTES DE METAL (UNHA AUTENTICA SALVAXADA)

CANASTRO CON LADRILLO E PORTA DE FERRO

CANASTRO QUE EN LUGAR DE BALAUSTES TEN LADRILLOS. ¿É POSÍBLE UN ATENTADO MAIOR?

CONSERVACIÓN DE CANASTROS EN PORTUGAL "UN EXEMPLO A SEGUIR"

CANASTROS DE LINDOSO SIN RESTAURAR

CANASTROS DE LINDOSO ANTES DE SER RESTAURADOS

CANASTROS DE LINDOSO RESTAURADOS

CANASTROS DE LINDOSO RESTAURADOS

"Como exemplo do cuidado destas construccións véxase o que en Portugal realizou o Parque Nacional Peneda-Gerês para conservalos canastros construídos no seu territorio, -empregando fondos de cohesión da unión europea-".

CANASTROS DE SOAJO EN PERFECTO ESTADO DE CONSERVACIÓN

CANASTROS DE SOAJO RESTAURADOS

baixalimiageres@hotmail.com
© www.baixalimiaxures.com