| Fornos |
|||||||||
|
|
|||||||||
| Os fornos son unha construcción que ao igual que as eiras, adegas ou os muíños, poden ser privados ou comunais, formando parte da casa ou sendo unha construcción independente da mesma.
O forno é unha construcción que evolucionou pouco ao longo da história. Os fornos comunais eran moito mais grandes que os individuais, porque eran usados "a rolda" (pasando de viciño en viciño) as fornadas eran mais grandes para que durase o pan até que volvera a tocala quenda. Estes fornos eran construídos por toda a aldea ou por todos os viciños que o empregaban.
As diferenzas entre os fornos comunais son de tipo formal, destacaremos tres tipos: Rectangulares co forno ao fondo e a porta enfrente, o longo das outras duas paredes estarian os "tendales" (pedras colocadas ao longo facendo unha mesa e que serve para colocar o pan). Rectangulares mais con unha parede prolongada formando un tellado, onde se guardaba a leña. Ovalados. Os fornos situábanse xeralmente perto das fontes para tela man a auga que se utilizaba na sua limpeza, tamén se utilizaba esta auga en posíbles incéndios. Construíanse no centro da aldea para que quedasen ao alcance de todos os viciños que os utilizarian. Hai algunhas aldeas que tiñan fornos por barriadas, sendo estes de menor tamaño que os das aldeas onde só habia un forno. DESCRIPCIÓN DUN FORNO TÍPICO Normalmente o tellado era a duas augas, case sempre coberta de "colmo" (palla), tamben habia fornos con cuberta de tella, sendo os primeiros os preferidos pola xente debido ao baixo custe de mantemento (ainda que nestes fornos resultaba moi sinxelo desatar un incéndio debido ao uso da palla).
A parte do forno na que se cocia o pan presenta as seguintes partes: un semicirculo chamado "capilla", unha boca para o acender e para fornear (depositar o pan), enriba unha pedra saínte e enclinada chamada "chapilé", a sua función é deter as laparadas que se desatan no quentamento do forno e asi evitar incéndios. Enfrente da "boca" hai unha lousa chamada "lareira", con un buraco no centro polo que se fai cair a cinsa que se xenera no proceso de quentamento do forno, estas cinsas caen á "fornalleira", lugar destinado ao almacenamento da cinsa (moi apreciada para o estrume da horta). O forno recúbrese por fora con pedras e varro. A parte superior do forno chámase "capoeira" (este lugar normalmente utilízase para almacenar leña). Ao lado do forno pode haber unha mesa de pedra que recebe o nome de "tendal". Normalmente o forno é de pedra, de pizarra ou de ladrillo (construídos mais recentemente e polo xeral pequenos e fáciles de quentar). O andar do forno "lar" está feito con losas de pedra labrada. A parte na que se asenta a cúpula está feita con unha série de pedras chamadas "alzas" que forman unha espécie de tambor. A cúpula faise con pedras denominadas "boutas". A boca do forno pode ser rectangular ainda que acostuma ser frecuente que este oco sexa dunha peza de pedra en forma de arco. A porta acostuma ser de ferro, pero tamén atopamos algunha lousa de pedra (díficil de manexar) que se asenta contra a boca. A porta sellábase para evitar perdas de calor cos escrementos da baca "bosta" (hoxe en día acostúmase utilizar fariña).
Os fornos ademais de facer o pan con sabor único, tiñan encomendada a función de servir de refúxio (para dormir) aos pelegrins e aos pobres, sendo este o motivo de que nunca se pechaba a sua porta. Hoxe en día son poucas as persoas que utilizan está singular construcción para cocer o pan artesanalmente, mais son moitos os que os utilizan para facer asados de carne (normalmente en días de festa) o que lle dá ao forno a vida de antano e este agradécenolo deixando na comida un sabor característico que fai as delicias de calquer comensal. |
| ©
www.baixalimiaxures.com |