| 
|
CACERIA NO XURES
Finais dos 60
De Esquerda a Direita Jaime (do
Perfecto de Aceredo) Manolo (Cabina), Pepe (Cañoto), detrás
da man Pepe dá Maranteira, Antonio Pereira e Pepe (Pementa)
-o meu pai- de xoellos e co seu can.
Xunto ao meu pai este o can Mourinho, este can foi segundo o meu pai o mellor de todos os que tivo, sempre di que só lle faltaba falar.
|
EMIGRANTES EN FRANCIA
Nos anos 60, foron moitos os emigrantes
que sairon destas terras en busca dunha saída laboral e melloras
económicas. Estas terras sofreron as consecuencias desta emigración
coa despoblación, todo iso agravado por unha postguerra asovalladora.
|
|
Alguns dos Compoñentes
desta foto de traballo
Comezando pola Esquerda e coa
botella na Man atópase Chaquetón, detrás da pota non
se sabe quen está, coa camisa de raias Xosé Fernández, de
pé e bebendo Cé dó Moscas, embaixo en camisola Antonio (Regador),
o que se atopa de pé coa botella erguída non sabemos quen
é, sinalando a botella -o meu pai- Pepe (Pementa),
sentado na mesa Antonio (Perín), tampouco non sabemos quen
se oculta detrás do manchón, sentados están Pepe (Cañoto)
e Pepe da Maranteira.
|
|
|
ENTRIMO 1930
Don Lisardo González, Senador.
Dña. Consolo, Mestra.
D. Gerardo, Mestre.
Fonte: TODO
ENTRIMO Boletín Informativo Municipal.
|
ALUMNOS ENTRIMO
Don Gerardo González Blas e os seus alumnos (ano 1933 ou 34).
Fonte: TODO
ENTRIMO Boletín Informativo Municipal.
|
|
|
|
UN DIA NO CASTELO DE
LINDOSO
De xoellos pola Esquerda atópase
-o meu pai- Pepe (Pementa), detrás e de pé Benito, ao
lado Antonio Crego, o que está a comer era o Cura, detrás mantendo
o equilibrio José Paz, detrás do Cura -a miña nai- (María),
ao lado Elena, detrás Sela, ao lado de Elena está Tina, Manola,
María, Felisa e Rosa na esquína da dereita.
|
VILARINHO DE FURNAS
Fotografia da aldea desaparecida polo encoro de Vilarinho de Furnas.
Fonte: O Parque
Nacional Peneda Gerês (Alfa)
|
|
|
|
O REXURDIR DE ACEREDO
Ano 1993. Celébrase o 25 de
Xullo (Santiago) en Aceredo, nas inmediacións de onde se construiron
as novas casas que rexurdiron do Aceredo augas abaixo. Ese
ano celebrouse unha grande festa e verbena (a mellor de todas
as celebradas desde que Aceredo se construiu neste novo lugar
próximo ao Encoro de Lindoso.
Neste sitio estáse a erguer un Hotel-Restaurante.
Foto cedida por: Mª Paz
|
|