Baixa Limia en Festas
baixalimiaxures.com
LOBIOS
ENTRIMO
MUIÑOS
LOBEIRA
BANDE
Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés
Xurés Gerês
Parque Nacional Peneda Gerês

A Festas da Baixa Limia non diferen moito das de outras partes de Galicia, na sua maioria son festas en honra a un Santo (ou Santo patrón do pobo), e que serven ademais para afianzar os vínculos familiares, afondar nas relacións comunitarias e conseguir de todo iso unha ou varias xornadas de esparcemento e esquecemento de preocupacións.

Son centas as festas que se celebran na Baixa Limia durante todo o ano, pero nos meses de Xullo e Agosto podemos afirmar que non hai dia na que algunha aldea da Baixa Limia non celebre algunha festa, romaria ou convivéncia.

FESTAS EN LOBIOS
FESTAS EN ENTRIMO
FESTAS EN MUINOS
FESTAS EN LOBEIRA

Referéncias Históricas.

A Candelaria, festa que se celebra o 2 de febreiro en Rivas de Arauxo (Lobios) tamén coñecida como "Candelaria". Hoxe en día esta celebración está case desaparecida. Baseaba a sua festa na bendición das candeas que se utilizaban na celebración da Semana Santa (mais exactamente o Xoves Santo), en outros tempos estas candeas utilizábanse para por nas mans de moribundos como símbolo de protección cristiá. Hoxe estas candeas utilízanse cando hai treboadas. En tempos dos Romanos facíase unha procesión con candeas acendidas de noite, repetindo pregarias a Candelaria en ton triste. A relixión tentou cristianizar esta procisión e para iso crearon as Candelas en Rivas de Arauxo (Lobios). Os Romanos celebraban a procisión de Proserpina (procede da palabra Persétone griego, cuio significado asóciase coa diosa que enxendraba as sementes (proserpere). Esta celebración foi instituída no ano 492 como festa da Purificación para riscar o culto pagán.

Outras celebracións desaparecidas.

FESTA DO DIAÑO

O dia 30 de setembro celebrábase na aldea de O Casal de Alén (Entrimo) unha festa adicada ao demo.

SANTA CRUZ

O 3 de Maio celébrase a Santa Cruz, antigamente os xovens por estas datas colocaban ramos de flores na xanelas da casas onde vivian as rapazas solteiras. As rapazas fermosas e simpáticas colocábaselles un fermoso ramo de flores, mais as antipáticas o ramo que atopaban pola mañá era de verzas ou toxos.

SAN XOAN

Na noite de San Xoan antigamente a maioria das aldeas da Baixa Limia facian grandes fogueiras, destacando a de Galez (Entrimo) que ata fai unhas decadas facíase no campo de "o foso" (hoxe neste lugar hai un campo de futbol). Estes lugares denominados "o foso" utilizábanse para cazar lobos.

SABADO SANTO

En sabado santo, tíñase como costume sacar os carros das casas onde habia rapaces e agochalos .

Fonte: TODO ENTRIMO (Boletín Informativo Municipal).

baixalimiageres@hotmail.com
© www.baixalimiaxures.com