![]() |
Entrimo |
||||||||||||||
| |
|||||||||||||||
| DESCRIPCIÓN O Concello de Entrimo está situado no Sur da Provincia de Ourense (Galicia), na Bisbarra da Baixa Limia.
Con unha superfície de 84, 53 Kilómetros cuadrados e unha altitude media de 511, 4 metros sobre o nivel do mar. Entrimo conta con unha poboación de direito de 1.467 veciños, limita cos Concellos de Lobios ao Este e Lobeira ao Norte, e cos distritos portugueses cos que ten raia de Melgazo e Arcos de Valdevez.
Está composto por seis parroquias e unha total de dezaoito aldeas (menos a aldea de A Reloeira que desde 1.992 permañece baixo as augas do encoro de Lindoso). Os principales rios que regan este Concello son: Limia, Agro, Casal e rio da Montaña que delimiña Entrimo con Lobios nunha parte e con Lobeira en outra. As montañas mais elevadas atópanse na serra do Quinxo co pico de Quintairo de 1.166 m. e Medelo de 953 m., e nas serras da Montaña.
A N-540 é a principal via de comunicación de Entrimo coa capital provincial -Ourense-, sendo a distancia entre ambolos puntos de 70 Km. Tamén é destacable o feito de que Entrimo conta con un paso fronteirizo con Portugal (A Meixueira). A economia actual fundaméntase no turismo que pasa por un bon momento e nos últimos anos é notable o incremento da oferta sobre todo no referinte a turismo rural e un sector servicios consolidado. Outros sectores económicos a destacar son a construcción, a esplotación forestal e madeireira, a avicultura e o porcino extensivo, xunto coa producción e elaboración de productos cárnicos aos que se engaden os derivados lácteos (sobre todo queixos) e un florecente aproveitamento apícola. Conta Entrimo con unha ganderia única en Galicia, composta de exemplares de vacún "Cacheno" (raza que só se atopa neste Concello e en algunhas aldeas do viciño Portugal). Ainda que a pequena escala, tamén se cultivan patacas, cereais, millo, legumes e centeo.
|
||||
| ©
www.baixalimiaxures.com |