logotipo

img_google
ESCUDO ENTRIMO
Entrimo
baixalimiaxures.com
LOBIOS
MUIÑOS
LOBEIRA
BANDE
Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés
Gerês Xurés
Parque Nacional Peneda Gerês

MONUMENTOS

Conta Entrimo monumentos de indudable interese, destacando sobre todos a Igrexa de Santa María a Real.

No patrimonio histórico-artístico temos numerosos restos arqueolóxicos espallados polo Concello, sendo as mámoas, dolmes e castros os que destacan e se atopan na Pia da Moura, O Castelo en Galez, Monte do Facho, Chan de Andrés e da Chaira de San Fiz en Galez entre outros.

Outros dos monumentos que destacan son as Igrexas e Ermitas espallas por toda a sua xeografia. A parroquia de Galez conta con duas Igrexas; a mais antiga, do século XVIII e estilo barroco, ten no seu altar maior unha cuberta abovedada e atesora unha reliquia de prata datada en 1.700 que segundo contan os lugareños é protectora contra as mordedura dos cans e as picaduras venenosas. Outra das igrexas que, confecionada coa inxienería popular e datada en 1.755, merece ser mencionada é a de Santa María de Olelas. Outros templos singulares atópanse na parroquia de San Tomé de Venceás e San Lourenzo da Illa. As Ermitas de O Casal, Lentemil, Ferreiros, Asperelo, Ferreiros (coñecida polo nome da "Sobreira" onde tamén se ubica o comezo da lenda das sete virxes) As Quintáns (eiqui rodouse unha escea da película "La Lei de la Frontera"), Guxinde, Pereira, Bouzadrago, Vilar, Queguas adicada á Nosa Señora da Ascensión.
IGLESIA DE SAN FIZ DE GALEZ
IGLESIA DE SANTA MARIA DE OLELAS
IGLESIA DE SAN LORENZO DE LA ILLA

No patrimonio histórico-artístico tamén caibe reseñar os numerosos petos de ánimas (caracterizándose éstos por estar incrustados en algun muro que lle serve de suporte), e cruceiros que atoparemos nos cruces de camiños e nas inmediacións das igrexas.

Tamén é rico entrimo en Canastros, Muíños e Fornos. Os Canastros pódense apreciar en calquera lugar do Concello, mais onde se fixo arte de tan útil construcción é na aldea de Olelas, chegando a contarse a cifra de 70 Canastros. Os Muíños atópanse nos ríos de A Barcia (Olelas), río Agro (contando este río con un número significativo deles), río da Montaña, e o río do Casal. Os Fornos que destacan en Entrimo son o de Asperelo (construcción totalmente de pedra) e o da Illa (reconstruído nos últimos anos).

HORREOS EN OLELAS
HORNO DE ASPERELO

Outro monumento que debemos visitar en Entrimo é o dedicado a San Rosendo, que ademais atópase nun lugar de inigualable beleza chamado "O Pedreiriño", onde as vistas nos perdan por toda a Baixa Limia.

O PEDREIRIÑO

Escultura de Xosé Cid (ano 1.981)

baixalimiageres@hotmail.com
© www.baixalimiaxures.com