10º Aniversario dun "DESASTRE"
baixalimiaxures.com
LOBIOS
ENTRIMO
MUIÑOS
LOBEIRA
BANDE
Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés
Xurés Gerês
Parque Nacional Peneda Gerês
REFLEXIÓNS
MP EN ACEREDO
ADEUS TERRA TAN QUERIDA
MOTIVO DA NOSA FOLGA
ADEUS ALDEAS DAQUEL VALE
QUE POR TI FIXEMOS FORZA
 
ADEUS VALE TAN BONITO
ESQUEZO DE TODA ESPAÑA
NON CHE ESQUECEREMOS NUNCA
LEVAMOS-CHE NA ALMA
 
ADEUS TERRA DAQUEL VALE
TRONCO DE TODAS AS FLORES
ADEUS TERRAS DA MIÑA INFÁNCIA
ONDE FICAN OS MEUS AMORES
 
AS NOSAS ALDEAS FICAN -SE-NOS
ANEGADOS POLA AUGA
O MESMA QUE AS NOSAS CASAS
QUE LEVAMOS NA ALMA
Estes versos escritos durante a folga de fame desenvolvida en Lobios, trasládannos o sentimento de todos os que viveron e amaron estas terras. nesas letras recollese o amor dunha aldea agonizante e empeñada en non perder nunca a memória, aferrándose á vida a través dese cordón umbilical que estabelece o tempo, a comunidade, a tradición, a paixón que nos envolve a todos cando saímos a defender ese lugar que nos vió nacer.

CON ESTA REPORTAXE PRETENDO REMEMORAR AQUILES DIAS TAN DESGRACIADOS PARA AS XENTES QUE HABITABAN ESTAS ALDEAS, SEN QUERER AFONDAR NA FERIDA NEN MOITO MENOS NOS SENTIMENTOS DE TODOS OS QUE SUFRIRON ESTE DESASTRE, TENTANDO DEIXAR CONSTANCIA DO ACONTECIDO E QUE NON ABANDONE A NOSA MEMÓRIA. ¡OXALA QUE NUNCA MAS ACONTEZA ALGO SIMILAR !

IGLESIA EN ACEREDO

Calquera momento seria bon para lembrar os felices intres que vivin en tan preciado vale, mais comezarei esta reportaxe no verán de 1991, ainda que haberá referéncias a outras datas que ao longo dos anos marcaron o destino desta xente e as suas aldeas.

O verán de 1991 é diferente na Baixa Limia, e moito mais en Aceredo, Buscalque, O Bao e A Reloeira. Trátase do último verán nestas aldeas (resulta tan sinxelo dicer o último, pero para os veciños destas aldeas e para os que vivemos nas colindantes isto non deixa de ser mais que unha traxédia).

Unha das datas mais sinaladas sen dúvida é o 25 de Xullo (Santiago Apóstol): festa na aldea de Aceredo. Os que vivemos esa última festa palpamos e observamos o ambiente que se respiraba nun día tan sinalado para todos, demonos conta que aquela celebración tiña un valor engadido, pois xa nunca mais nos xuntaríamos nun sítio tan fermoso como o lugar de celebración dos festexos, na que as suas árbores centenarios e os seus camiños de terra enchoupaban o ambiente musical e conseguian que os bailes fosen distintos aos de outros lugares; en outro lugar non soaria nen se expresaria a xente de igual forma. ¿Qué podemos decir das comidas familiares, onde todas as casas se enchen para celebrar o Santo Patrón, onde as famílias van e veñen dunha casa a outra para saudar aos veciños, amigos ou simplemente tomar unha copa de cofraternidade xunto a eses seres queridos que cada ano se reencontraban eli?.

PROCESIÓN ENTRANDO EN EL ATRIO DE LA IGLESIA EN ACEREDO

Pero o 25 de Xullo de 1991 é distinto, respirase tensión reflectindo unha desesperación difícil de conter, as olladas buscan cada esquina, cada flor, cada pedra, o fin da aldea está próxima e ninguén entende nada, todos nos perguntamos: ¿por o que?. Nunca esqueceremos aquela última misa coa sua procisión até o Cruceiro situado ao lado do comércio dó Parranda tampouco non deixaremos de nos lembrar daqueles bailes frios e arredados amenizados pola Banda de Lobios, nos que a xente buscaba un atisbo de alegría, unha saída, e voar imaxinándose que sempre estarian eli cada 25 de Xullo; se cadra no mais profundo do sentimento de cada cual estaba a necesidade de asumir o que se lles aveciñaba e dunha ou doutra forma fuxir de todo o que lles rodea, talvez lembrar a aquiles que xa non están e tanto amaron estes lugares e as suas xentes, ao mellor a desesperación producida por un feito desta magnitude anima a deixar atrás eses malos pensamentos para percurar en cada nota musical un colchón no que descansar o seu esmorecemento, esbozando un sorriso sen paixón, ténue, murcho, cos ollos perdidos, sen brllo, sen vida.

Todo resultaba distinto, estraño, tirante, a tarde esmagábanos mentres todos se abrazaban á vez que percebíamos a tensión. Todos querian estar eli, ninguén pretendia irse tomar un café a outro lugar, era manifesta a necesidade de seguir, de permanecer observando todo e a todos.

Caída a noite e de novo sentados á mesa a cea deixaba oco ás palabras. A comida convertiase nunha carga resultando de algunha maneira insípida, indigesta, para moitos intragble; as palabras e os sentimentos enchiano todo.

CAMPO DE LA FIESTA EN ACEREDO "CASA DE LOS PRETAS"

Unha vez mais a xente encamiñase ao campo da festa, os fogos estoupan a tensión e o rio -pai destas terras- discurre xunto á mai terra para esbozar a sua música e facer acto de presencia nesta despedida anunciada pero nunca esperada, víctima e verdugo, amado e denostado, o rio daquel 25 de Xullo permanece tranquilo.

A noite vislumbrase apacible, calurosa, unha típica noite de Xullo en Aceredo. A verbena resulta desanxelada, e dunha ou doutra maneira tense a necesidade de que acabe logo mais que non remate nunca, de que chege o momento de se retirar para casa, apesadumbrados e angustiados por non poder voltar a repetir estes actos tan respeitados e queridos por todos, desesperados por non poder recuar esa máquina do tempo que se volta impasible.

Cada persoa poderia escreber un libro con todo o que esa longa noite lle abordó o pensamento, quizais a noite mais longa, noite da que non desexarian despertar. Ao despertar, a triste realidade voltaba a protagonizar as vistas destes veciños que loitaron polo seu coa sabedoria e a valentia implícita nos seus xens, xens herdados dos primeiros poboadores destes vales (aquiles Calacoi).

A todos os que viveron e loitado por estas terras. SUSO.

 

Fotografia do Vale de Aceredo no primeiro plano, ao fondo vemos tamen Quintela e Buscalque.

Sobran as palabras para descreber este magnífico val con estupendas terras de cultivo.

Fotografia cedida por: Emilio Paz Araujo

VALLE ACEREDO

CONTÍNUA NA 2ª PAXINA

SUBIR

Os meus agradecementos a Miguel A. Díaz Rodríguez polas suas fotos, a Mª P. Paz Garrido polas suas fotos e o apoio incondicional a esta reportaxe, a Xesus M. Alvarez Praza polas fotos enviadas e por suposto a Emilio Paz Araujo por me deixar fotografiar o cuadro que ocupa un sítio principal no salón da sua casa "O Val".
baixalimiageres@hotmail.com
© www.baixalimiaxures.com