10º Aniversario dun "DESASTRE" / 4
baixalimiaxures.com
LOBIOS
ENTRIMO
MUIÑOS
LOBEIRA
BANDE
Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés
Xurés Gerês
Parque Nacional Peneda Gerês
CONTINUAN AS MOBILIZACIÓNS

18 de Setembro de 1.991.

O Gobernador Civil non descarta acudir ás forzas da orde para proceder ao erguemento de actas. O alcalde de Lobios está disposto a consentir o boicot no erguemento de actas, "hasta que alguén desde en riba me diga -stop-".

Varios cargos públicos a nível autonómico pretenden entrar na escea ofrecéndose como mediadores entre os distintos órganos do estado "algo sen sentido". Os viciños peden a mediación do Valedor do Pobo, mentres denuncian que a empresa pretende a negociación individual e non establecer un baremo, o que critican os viciños ademais da falla de información en todo o proceso.

A Gobernador Civil novamente bota balóns fora e escúdase en que non ten competencias para paralizar o erguemento de actas (pero si para cargar policialmente se fose necesario) e que trasladará a petición sempre que se fixese por escrito a Dirección Xeral de Obras Hidráulicas.

Os afectados mostranse excépticos "non quitamos nada en concreto" e que eles colaborasen para que non se lles acuse de non facelo. Os viciños están dispostos a que o erguemento de actas se realice porta a porta, o que demoraria moitísimo o proceso. Ademais maniféstase que os viciños estanse radicalizando e non permitirán o erguemento das actas.

22 de Setembro de 1.991. Escrebe MARSE no Faro de Vigo: Loita pola auga... a paus.

Os viciños pelexan coa Administración e a empresa EDP para conseguir un día mais dos que non cotiza en bolsa: história, paisaxes e facendas.

No transfondo deste encoro, un deses mamotretos que tanta foto con ministro venderon á opinión pública, fican riquezas faunísticas e medioambientais, sobre as que nengun grupo ecoloxista abriu a boca mais da conta. O único moble a salvaguardar neste macropoyecto raiano, foi o capital.

A empresa empéñase en dicir que o cupo de viciños que restan por indemnizar é importante pero non representativo. Unha vez que todos os Organismo Públicos xa venderon e se indemnizaron con novas construccións so manteñen a loita aquiles que verdadeiramente senten a desaparición do seu modo vivendi. Das 445 hectares privadas que afecta o encoro, o 87% uns 417 hectares comunais afectadas, vendéronse a empresa no ano 1.984. Esgrime a empresa o acordo co 97% das 158 vivendas non permanentes que están afectadas polo encoro, asi como o 69% das 68 vivendas temporais. Aúnque o responsable de EDP Marques Seabre manifesta que entende que os viciños sintan unha situación de desarraigo e se atopen mal aconsellados ao seu entender. A empresa empéñase en defender a xenerosidade coa que están a tratar aos afectados, e é radical ao sinalar que as mulleres deses dous concellos, sábias defensoras dos seus intereses mais primários "han acochinado á aldea, é unha oposición violenta e esa non é a mellor forma para falar con ese grupo de desidentes, se non buscar intermediarios válidos".

IGLESIA DE ACEREDO CON UNO DE LOS PUENTES CONSTRUÍDOS COMO CONSECUENCIA DEL EMBALSE

22 de Setembro de 1.991. Escrebe MARSE no Faro de Vigo:

As mulleres da aldea, protagonistas da loita por conservar as suas terras.

Unha vez mais as mulleres, as mais da Galicia eterna apegada á terra como se do seu proprio ventre se tratase, dirixiron con mais nervo que forza todas as protestas, nun tento deseperado e estéril por cortar o paso polos seus cauces do progreso portugués,, necesitado neses primeiros anos de desenvolvimentismo luso da enerxia das centrais hidroelétricas. Estas mulleres, alleas na sua maioria o tópico rollizo e musculado da nai galega, diron a cara e o puño polos seus fillos e a sua facenda nos últimos meses. É o linguaxe dunha aldea desairado que caiu en ouvidos xordos por parte dos representantes de EDP.

"No se pode razoar con xente brava, con estas mulleres que han abortado contínuamente todo intento de negociación" afirma o responsábel de EDP en España e ademais de Madrid, un feudo que queda lonxe á realidade de Aceredo, Buscalque, A Reloeira, O Bao, algunhas das moitas aldeas afectados.

A moitos dos afectados usurpouselles trámites legais, orixinandolles indefensión, con infracción dos principios constitucionais de igualdade. Mais talvez o que mais os desalenta, é que nesta carreira sen trégua por pór en marcha canto antes o "encoro" só se valoraron os bens afectados directamente polo encoro, mais non se analizan as indemnizacións indirectas. Entre esas últimas e atendendose á lei, queren os viciños que se teña en conta conceitos contemplados coma a muda forzosa de residéncia, gastos de viaxe por traslado familiar, transporte de axuar e elementos, xornais perdidos, redución do patromonio familiar, quebranto en actividades profisionais comerciais e manuais, e un longo etcétera en que o se inclue mesmo as relazóns de vecindade, que unha vez efectuado o traslado tamén se perderán.

¿¿ Perguntas sen resposta ??

Nos seus argumentos recollen os viciños moitas perguntas que ainda non obtiveron resposta ¿dónde van habitar aquiles que se queden sen vivenda?, ¿En que lugar seguirán traballando a agricultura, comercio, actividade empresarial ou artesán?, ¿Quén e como indemniza a perda da veciñanza, raices, e a imposición de aldea transhumante que afecta aos viciños?.

PALOMAR EN LAS INMEDIACIONES DE LA IGLESIA DE ACEREDO

SUBIR

CONTINUARÁ.....

Os meus agradecementos a Miguel A. Díaz Rodríguez polas suas fotos, a Mª P. Paz Garrido polas suas fotos e o apoio incondicional a esta reportaxe e a Xesus M. Alvarez Praza polas fotos enviadas.

Fontes: A Rexión, Faro de Vigo, A Voz de Galicia, Atlántico Diário, Interviu, Nova Actualidade, Correio dá Manha, Arco Atlántico.
baixalimiageres@hotmail.com
© www.baixalimiaxures.com