10º Aniversario dun "DESASTRE" / 2
baixalimiaxures.com
LOBIOS
ENTRIMO
MUIÑOS
LOBEIRA
BANDE
Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés
Xurés Gerês
Parque Nacional Peneda Gerês
CRONOLOXIA

Desde o 16 de Febreiro de 1.907 (case 100 anos) existe un acordo para o aproveitamento do Río Limia á altura de Lindoso (Portugal), concedéndose por Orde Real o aproveitamento a duas persoas:

D. Justino Antuns Guimaraes, natural de S. Salvador de Britelo (Guimaraes) -Braga- Portugal

D. Xesus Pazos Ramilo, natural de Ribadavia (Ourense) - España

Concedeselles os privilexios para aproveitar o rio no lugar denominado "Costa do Fajo" (Lindoso).

O 19 de Maio de 1.908 constituise a Sociedade Eléctrica do Limia, a cual concedeselles a licencia oportuna. Esta sociedade constitúese con un capital social de 4 millóns de pesetas.

Ese mesmo ano comezan as obras, sufrindo ao longo dos anos unha serie de contratempos debido a circunstancias políticas. En Portugal implantase a República no ano 1.910, logo de 1.914 a 1.918 desenvólvese a Primeira Guerra Mundial. No ano 1.921 conséguese acabar a construcción do canal (obra reseñabel, pois a sua construcción voltouse moi difícil para esa época ; estamos a falar de 17 Km. de canal nun lugar de peña viva, con un valor engadido pois este canal na maior parte do seu percorrido está construído en túnel) cuxo capacidade é de 20 m3/sg.

TUNEL DE LA ANTIGÜA CENTRAL DE LINDOSO

No ano 1.922 ponse en marcha a primeira central, con unha potencia de case 9.000 Kwh, transportándose esta corrente ata a cidade portuguesa de Oporto.

Nos anos 1.923 e 1.924 aumentase o muro do encoro, pasando dos 5 m. iniciais a 23 m. de altura; á sua vez aumentase a capacidade do canal, pasando de 20 m3/sg a 30 m3/sg. co paso dos anos tamén aumenta a capacidade de producción da central, á que se engaden mais turbinas ata chegar ao ano 1.951 no que se consegue unha producción duns 92.000 Kwh. Debemos lembrar que desde a ampliación do muro do encoro, as aldeas de Buscalque e O Bao sofren problemas de asulagacións cando o caudal aumenta debido ás grandes chúvias e ao lugar escollido para ubicar o encoro, onde confluen dous rios e un sinfín de regatos.

Mais todo isto quedase pequeno a partir da revolución industrial sufrida nos anos 60. Nestes anos comezase as xestións e medicións para a construcción dun Macro Encoro. No ano 1.968, o 25 de Maio, atinxese un acordo entre Portugal e España, entre os ditadores Salazar e Franco.

Desde esa data ata o ano 1.992, comezase coas xestións e a compra dos terreos aos viciños afectados. Durante os anos 70 non se conseguen grandes avances, pero na década dos 80 comeza o formigón a tomar forma no Encoro de Lindoso. Moitos dos afectados vanse desfacendo das suas propriedades mediante intermediarios da E.D.P. (Electricidade de Portugal), atinxindo un total de 600 afectados ( 2/3 do total).

Ainda que non quixese cair na simpleza do dato técnico e moito menos na publicidade ao intruso, considero que esta reportaxe debe tratar alguns dos xeitos do causante do dano: O ENCORO. Esta ten un muro de 110 m. de altura e 297 m. de lonxitude. Este xigante construído en 21 piares con 21 m. de espesor na sua base e acabando con 4 m. de espesor. O volume é de 308.000 m3 de formigón. Ten unha capacidade de 379 Hm3 e ocupa 1.072 hectares en 18 km de lonxitude, chegando aos pés da central das Conchas situada na aldea de O Valoiro (Lobios) (de non existir esta central, estaríamos a falar dun monstro ainda maior e con maior poder de destrucción de aldeas e superfície natural protexida). A auga percorre nos túneis do Lindoso uns 5.000 m. excavados en pena e recubertos de Formigón. A Central Hidroelétrica atópase a 340 m. baixo o nível do terreno e a 200 m. da couta do rio Limia. Produce o redor de 950 Gwh, sendo o maior produtor eléctrico de Portugal.

Por se fose pouco, ainda se tivo que construir outro encoro (Barragen de Touvedo) augas abaixo para regular o cauce do rio ao seu paso polas vilas como A Ponte da Barca, Ponte de Lima, e outras aldeas colindantes. Con iso acabase co cauce natural do rio en case todo o seu percorrido.

Con un investimento duns 60.000 millóns de pesetas, dos que só se destinaron aos afectados, terrenos, e Administracións 9.000 millóns. iincreible!, iqué pouco custa a morte dun val!.

ACTUAL PRESA DE LINDOSO

O factor social é se cadra o mais importante, sen deixar de lado o tema medioambiental, ademais das consecuencias socioeconómicas que produce un acontecimento desta envergadura.

Os Concellos afectados de Lobios e Entrimo na provincia de Ourense, perderon para sempre as aldeas de: Aceredo, Buscalque, O Bao e parte de Quintela en Lobios. En Entrimo desapareceu A Reloeira e afectou en grande medida as terras de cultivo de Lentemil.

VISTA DE UNA PARTE DEL VALLE LDE ACEREDO

Novecentos son os viciños afectados, dos que 300 quedarán ata o final e adoptarán unha posición de forza para defender os seus direitos (eles son os verdadeiros protagonistas desta historia; a eles dedicolles este pequeno traballo). Criaron unha asociación de afectados chamada "Alto Lindoso", que formaban entre outros: Manuel Salgado Pereira, Manuel Quintas e Emilio Paz. Non quero deixar de me referer a Manuel Quintas, un dos protagonistas principales neste papel tan difícil que lles tocou xogar, Quintas -como o coñecíamos- deixounos para sempre a finais do ano 2001 mais sempre perdurará na nosa memoria, a pesar de sofrer unha menosvalia física que lle impedia moverse con soltura, loitou dia e noite contra todos os envites económicos que sempre están detrás de obras como éstas para aunar aos viciños e conseguir a forza precisa na loita que lles quedaba por afrontar. A sua labor nos primeiros momentos deste conflito contribuiu enormemente a fraguar a postura de forza, sabedoria, e bo facer que tivo esta xente en todo o proceso expropiatorio. Asimismo, seria inxusto non recoñecer a labor de outros moitos que loitaron de igual forma, mais sempre crin - e creo - que Quintas non foi tratado co recoñecemento preciso.

CONTÍNUA NA 3ª PAXINA

SUBIR

Os meus agradecementos a Miguel A. Díaz Rodríguez polas suas fotos, a Mª P. Paz Garrido polas suas fotos e o apoio incondicional a esta reportaxe e a Xesus M. Alvarez Praza polas fotos enviadas.

Fontes: A Rexión, Faro de Vigo, A Voz de Galicia, Atlántico Diário, Interviu, Nova Actualidade, Correio dá Manha, Arco Atlántico.
baixalimiageres@hotmail.com
© www.baixalimiaxures.com