Decreto de creación do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés
baixalimiaxures.com
LOBIOS
ENTRIMO
MUIÑOS
LOBEIRA
BANDE
Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés
Xurés Gerês
Parque Nacional Peneda Gerês

Consellería de Agricultura, Ganaderia e Montes

Decreto 29/1993, de 11 de febreiro, sobre declaración, do parque natural de Baixa Limia-Serra dó Xurés.

O parque natural de Baixa Limia-Serra dó Xurés é un lugar de grande interese pola sua geomorfoloxía e as suas paisaxes asi como o grande valor da sua flora e fauna, o que unido á proximidade do parque nacional Peneda Gerês, co cual é colindante, aumenta ainda, se caibe, a importáncia da sua declaración como espazo natural protexido.

Os recursos naturais deste espazo requeren unha ordenación que se regula a través do correspondiente Plano de Ordenación dos Recursos Naturais, elaborado pola Consellería de Agricultura, Gadaria e Montes, ao Obxecto de salvaguardar os valores naturais do espazo dos impactos negativos que pudesen degradar a calidade do entorno.

Para armonizar o desfrute, visita e estudo destes lugares, asi como o aproveitamento dos seus recursos naturais de forma compatible coa conservación dos valores ecológicos e paisaxísticos do espazo, establecese esta normativa que garante a sua persisténcia.

Por estas razóns, e a proposta da Consellería de Agricultura, Gadaria e Montes e prévia deliberación do Consello de Goberno, na sua xuntanza de once de febreiro de mil novecentos noventa e tres.

DISPOÑO:

Artigo 1º

A finalidade do presente decreto é o establecemento dun rexime xurídico especial de protección para o espazo denominado Baixa Limia-Serra do Xurés, mediante a sua declaración como parque natural, de acordo co estabelecido no artigo 13 e concordantes da Lei 4/1989, de 27 de marzo, de conservación dos espazos naturais e da flora e fauna silvestres.

Este rexime xurídico especial orientese á protección e conservación da sua flora, fauna, constituizón geomorfolóxica e paisaxe en atención o carácter singular do território determinado pola configuración do seu relevo e a sua vexetación.

Artigo 2º

1.    O parque natural do Baixa Limia-Serra do Xurés ocupa unha superfície de 20.920 ha. Está situado nos termos municipais de Entrimo, Lobios e Muiños, na província de Ourense.

Os seus Limites xeográficos especificanse no anexo I do presente decreto.

2.    Non obstante o disposto no ponto anterior, a Xunta de Galicia, a proposta da Consellería de Agricultura, Ganderia e Montes, poderá incorporar ao parque outros terrenos colindantes co mesmo que reúnan as características adecuadas para iso, en calquera dos seguintes supostos:

a) Que sexan propriedade do Estado, prévia conformidade do mesmo.

b) Que sexan propriedade da Comunidade Autónoma.

c) Que sexan aportados voluntáriamente polos proprietários a tal efeito.

d) Que se consideren apropiados para mellorar e garantir a conservación do espazo natural.

3.    A declaración do espazo como protexido leva aparellada a utilidade pública, para efeitos expropiatorios dos bens e direitos afectados.

4.    A Comunidade Autónoma de Galicia correspondelle os direitos de tanteo e retracto en todas a transmisións onerosas intervivos de terrenos situados dentro do parque.

Para o exercício de ditos direitos o transmitinte notificará á Administración autonómica as condicións esenciais da transmisión pretendida e, no seu caso, o transmitinte e o adquirinte remitiránlle cópia da escritura na que se instrumentou a citada transmisión.

O direito de tanteo exerceráse nun prazo de tres meses e o de retracto nun ano, ambos contados desde a correspondiente notificación, que deberá efectuarse en todo caso e será requerimento necesário para inscreber a transmisión no Rexisto da Propriedade.

5.    Sen perxuicio do anterior, o Consello da Xunta de Galicia poderá autorizar permutas de terrenos propriedade da Comunidade Autónoma de Galicia e dos organismos dependintes dela, por outros situados no interior do espazo protexido ou na sua periferia, por iniciativa da Consellería de Agricultura, Ganderia e Montes, e de acordo co disposto na Lei de patrimonio, logo de informe da Xunta Rectora do parque, a que se fai referéncia nos artigos 6º e 7º do presente decreto.

Artigo 3º

1.    Para evitar actividades e aproveitamentos que, directa ou indirectamente, podan producir perda dos valores naturais ou paisaxísticos do espacio, toda actuación que supoña unha transformación sensible da realidade física ou biolóxica dentro do área protexida, con independencia dos trámites reglamentarios que procedan, deberá ser aprobada e supervisada pola Consellería de Agricultura, Ganderia e Montes, prévio informe da Xunta Rectora.

2.    A aprobación a que fai referéncia o apartado anterior condicionarase a previa realización dun estudio sobre a incidencia ambiental da actividade proposta.

3.    O Plano de Ordenación dos Recursos Naturais e o Plano Rcitor de Uso e Xestión a que se fai referéncia nos artigos 4º e 5º deste decreto regularán os usos de recursos naturais, as actividades e actuacións de todo tipo que incidan ou podan incidir nos mesmos, asi como o destino das instalacións existintes.

4.    Serán obxecto de protección especial as actividades gandeiras e forestais que contribuan ao mantemento dos equilibrios ecolóxicos esenciais.

5.    Sen perxuicio do previsto nos apartados anteriores e no desenvolvimento ulterior do Plano Rector de Uso e Xestión, en todo o ámbito do parque natural non se poderá realizar:

a)    A introducción de espécies animais e vexetais e en especial as exóticas susceptíbeis de asilvestrarse, salvo nos casos expresos en que a autoridade competente o decida.

b)    Vertidos de contaminantes nas augas da zona, asi como minicentrais hidroeléctricas, sexa cual sexa a poténcia instalada.

c)    Os vertidos de lixos, escombros e resíduos sólidos en xeral fora das zonas sinaladas.

d)    O uso do lume sen control ou autorización prévia, ou fora dos lugares sinalados.

e)    A circulación de vehículos motorizados fora das estradas, pistas ou roteiros permitidos, excepto cando corresponda ás actividades agropecuarias ou usos autorizados.

f)     A acampada non controlada.

g)    As actividades económicas extractivas que entren en conflito coas finalidades de creación do parque e de modo especial, canteiras, graveras, areneras e minería, tanto subterránea como a ceu aberto.

h)    Os aproveitamentos forestais ou tala de árbores indiscriminados ou que non estexan contemplados nos proyectos de ordenación ou, no seu defeito, nos planos técnicos correspondientes ou con autorización expresa do servizo competinte, salvo que resulten necesários para o mantemento do equilibrio do sistema vexetativo, por motivos fitosanitarios, para a realización da infraestrutura de defensa contra incéndios forestais realizados de acordo co programa de medidas prevenitivas que, ao respecto, elabore a Consellería de Agricultura, Ganderia e Montes, ou se realicen en terrenos tutelados pola Administración forestal.

i)      As actividades cinegéticas ou de pesca en augas continentais fora das zonas, épocas, cupos ou espécies, permitidas.

j)    As actividades de carácter comercial, carteles, anuncios e similares.

k)    Toda aquela actividade urbanística que non siga as directrices que se expresan no Plano de Ordenación dos Recursos Naturais.

l)      Instalacións de elementos artificiais de carácter permanente que limiten o campo visual, rompan a armonía da paisaxe ou desfiguren as perspectivas.

m)  O estabelecemento de calquera posto de venda, a venda ambulante e toda actividade comercial que non estexa nun centro pechado ou núcleo urbano, excepto as autorizadas pola Consellería de Agricultura, Ganderia e Montes.

n)    A recopilación de material biológico, xeolóxico, arqueológico ou histórico salvo naqueles casos en que por razóns de investigación ou deductivas, permítase a mesma prévia autorización.

o)    O aterrizaje e vo a baixa altura salvo en caso de emerxéncia e naqueles casos autorizados pola Consellería de Agricultura, Ganaderia e Montes.

p)    A prática de tiro ao prato, ou uso de escopetas de aire premido e todo tipo de armas.

q)    Tirar colillas, latas, botellas, plásticos ou calquera obxecto, asi como o abandono de artefactos no recinto do parque.

r)     O emprego de megánofonos ou calquera aparello ou instrumento a un volume tal que perturbe a tranquilidade do parque.

s)    A realización de actividades profisionais comerciais de cinematografía e vídeo sen a autorización expresa da Consellería de Agricultura, Ganderia e Montes.

t)     Calquera actividade destinada ao aproveitamento de recursos naturais que se consideren incompatíbles coa finalidade que xustifica a creación do parque natural.

Artigo 4º

O Plano de Ordenación dos Recursos Naturais do parque natural de Baixa Limia-Serra do Xurés é o instrumento principal de planficación do espazo natural, e as suas disposicións constituen un limite para calquera outro instrumento de ordenación territorial ou física.

Artigo 5º

1.    A Consellería de Agricultura, Ganderia e Montes confecionará un Plano Rector de Uso e Xestión que, prévio informe da Xunta Rectora, será aprobado por dita consellería.

2.    A aprobación definitiva será publicada no Diario Oficial de Galicia.

3.    Dito plano reitor terá unha vixéncia de cinco anos, debendo ser revisado ao finalizar este prazo, ou antes, se fose necesario, e incluirá:

a)    As directrices específicas de ordenación e uso do parque natural.

b)    As normas de xestión e as actuacións necesarias para a conservación e protección dos seus valores naturais e para garantir o cumplimento das finalidades de investigación e interpretación dos fenómenos naturais, educación no coñecemento da natureza, asi como o uso e desfrute polos visitantes.

c)    As normas oportunas para a utilización racional dos recursos naturais, a execución das actuacións precisas para o mantemento do equilibrio ecolóxico e a concesión de subvencións e outros auxilios ás esplotacións agrícolas, gandeiras e forestais e ás actividades científicas, culturais e recreativas que pudesen realizarse no ámbito deste decreto.

4.    Todo proxecto de obra, traballo ou aproveitamento que non figure no plano rector ou nas suas revisións e que se considere necesário realizar, deberá ser xustificado debidamente, tendo en conta as directrices daquel, e autorizado pola Consellería de Agricultura, Ganderia e Montes prévio informe da Xunta Rectora.

Artigo 6º

1.    Crease a Xunta Rectora do Parque Natural de Baixa Limia-Serra do Xurés, que colaborará coa Consellería de Agricultura, Ganderia e Montes, na xestión e administración do espazo natural, prestandolle o asesoramento e promoción para o mellor cumplimento das suas funcións.

2.    Esta xunta está integrada polos seguintes membros:

Presidente: unha persoa de recoñecido prestíxio científico ou técnico no ámbito da conservación da natureza e coñecedor do território afectado polo parque. Será nomeado polo conselleiro de Agricultura, Ganderia e Montes a proposta do Director Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural.

Vicepresidente: un representante dos concellos afectados, eleito entre eles mesmos, exercendo o cargo en quenda rotatória.

Vocais:

Un representante da Consellería de Ordenación do Território e Obras Públicas.

Un representante da Consellería de Cultura e Mocidade.

Un representante da Universidade de Vigo, no ámbito académico de Ourense.

Un representante da Diputación Provincial de Ourense.

Un representante de cada un dos municípios afectados.

Un representante da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural.

Un representante da Secretaría Xeral para o Turismo.

Un representante dos proprietários das fincas existintes no parque natural, designado entre eles mesmos.

Un representante de asociacións eleito por elas mesmas, de entre as que figuran inscriñas no Rexisto de Asociacións Protectoras do Meio Ambiente da Xunta de Galicia.

Unha persoa de recoñecida competéncia no campo da conservación da natureza designada pola Consellería de Agricultura, Gadaria e Montes.

Secretário: o director-conservador a que se refere o artigo 8º do presente decreto que actuará con voz e voto.

Artigo 7º

Son funcións da Xunta Rectora, ademais de outras especificadas neste decreto:

a)    Velar polo cumplimento das normas estabelecidas e proferir posíbles ampliacións do parque natural.

b)    Proferir normas e elevar propostas para a eficaz defensa dos valores e singularidades do parque natural e realizar cantas xestións estime beneficiosas para o mesmo.

c)    Aprobar inícialmente o Plano Rector de Uso e Xestión e as suas revisións, velando polo seu cumplimento.

d)    Aprobar inícialmente as memórias anuais de actividades e resultados que o director-conservador do parque haberá de elevar á consellería de Agricultura, Ganderia e Montes.

e)    Promover estudios, investigacións e actividades educativas e culturais, relacionadas co ámbito ordenado, asi como fomentar a sua divulgación.

f)     Informar sobre calquera clase de traballos, obras ou aproveitamentos, programas de investimento e planos de investigación que se pretendan realizar, incluídos ou non no plano rector.

g)    Proferir á Consellería de Agricultura, Ganderia e Montes, para a sua elevación ao Consello de Goberno, a celebración dos convenios e acordos que en orde aos fins do presente decreto considere necesário subscreber coa Administración do Estado ou outras Administracións públicas e corporacións.

h)    Administrar os fondos e as axudas que outorguen á Xunta Rectora cualesquieira entidades ou particulares.

i)      Aprobar as suas normas de funcionamento.

Artigo 8º

A dirección técnica do parque natural corresponderá a un director-conservador designado polo Director Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural.

Artigo 9º

Os Concellos en cuxos termos municipais atópese incluído o parque natural, terán preferéncia para a obteción de axudas e subvencións relacionadas coa potenciazón do meio natural e que contribuan ao seu desenvolvimento socioeconómico.

Artigo 10º

A Consellería de Agricultura, Ganderia e Montes instará a suspensión de toda actividade que non dispoña da autorización preceptiva, non se axuste ás condicións de ésta ou contraveña as prescricións do presente decreto.

Artigo 11º

A infracción do rexime de protección estabelecido para o parque natural, ou a non observáncia da normativa vixente, serán sancionadas de acordo co disposto na Lei 4/1989, de 27 de marzo, de conservación dos espazos naturais e da flora e fauna silvestre ou nas normas que, no seu caso, podan substituila e demáis disposicións que a tenor da natureza da infracción resulten aplicables, e das que se deriven dos planos de uso e xestión que se desenvolvan.

DISPOSICIÓN ADICIONAL

Primeira.- As actuacións urbanísticas derivadas da lexislación sectorial deberán axustarse ás limitacións estabelecidas no presente decreto.

DISPOSICIÓNS TRANSITÓRIAS

Primeira.- Até tanto se aproban as normas de funcionamento pola Xunta Rectora, será de aplicación o previsto no capítulo II do título I da Lei de procedimento administrativo.

Segunda.- No prazo de dous meses, a partir da promulgazón do presente decreto, haberá de quedar constituída a Xunta Rectora do Parque Natural.

DISPOSICIÓN DEROGATORIA

Quedan derogadas cantas disposicións, de igual ou inferior categoria, se opoñan ao disposto no presente decreto, no ámbito territorial da Comunidade Autónoma.

DISPOSICIÓNS FINAIS

Primeira.- Facultase ao conselleiro de Agricultura, Ganderia e Montes para ditar as disposicións necesarias para desenvolver o presente decreto.

Segunda.- Este decreto entrará en vigor o dia da sua publicación no Diário Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, once de febreiro de mil novecentos noventa e dous.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Tomás Pérez Vidal

Conselleiro de Agricultura, Gadaria e Montes.

ANEXO

Limites do parque natural de Baixa Limia-Serra do Xurés.

Norte-este. Desde a raia con Portugal, rio da Montaña até o lugar denominado Carballeira, á altura de onde desagua o rio da Montaña un regato procedente de Queguas.

Desde a Carballeira, en liña recta, ata o vértice geodésico de Couto Alto continuando pola Liña de máxima pendente ata o corgo de Ereixa, polo que se desciende ata a estrada local de Terrachán de Entrimo Olelas. Contiúase por esta estrada ata o lugar de Illa onde se toma a pista cara Lantemil e Reloeira.

Desde Reloeira ascéndese polo rio Salas ata o rio Mao (afluente pola esquerda) remontando ata a pista forestal de Manín ao Lugar de Cimadevila.

Continua-se ascendendo pola Liña de máximo pendente dirección Norte-Sur ata a couta 600 m s.n.m., que se segue ata o P.K.-11 da estrada de Lobios a Portela d' Home. Neste punto quilométrico continúase polo rio Caldo ata o regato de A Cabreira polo que se ascende para atinxir a couta 500 m. s.n.m., continuando por esta couta ata o rio Vilameá a couta Veiga (783 m), recta que se continua ao rio Lobios (couta 640 m). Remontase polo regato de Saa até a couta 900 m. s.n.m. polo que se chega ao rio Cabaleiro, descendendose por éste a confluencia do regato de Fontefría.

baixalimiageres@hotmail.com
© www.baixalimiaxures.com