Curiosidades
baixalimiaxures.com
LOBIOS
ENTRIMO
MUIÑOS
LOBEIRA
BANDE
Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés
Xurés Gerês
Parque Nacional Peneda Gerês
¿Sabías que Entrimo tivo un periódico a princípios do Século XX?

¿Sabías que por lucir o palmito polas ruas de Entrimo habia que pagar un imposto?

¿Sabes que é "A Tenza"?
¿Conoces a Lenda de Annaman? Enviada por: Evaristo González Estévez

 

Sección adicada a destacar curiosidades, anécdotas, ou datos históricos que hoxe poden resultar chocantes ou espantosos. Pretendo que non caian no esquecemento e que a xente curiosa e os nativos destas terras saiban o que aconteceu, acontece ou simplemente se comenta como feito a resaltar polas nosas xentes.


¿Sabías que Entrimo tivo un periódico a princípios do Século XX?

Pois si, resulta que Entrimo tivo un periódico ("O PICARANO") a princípios do Século XX (ano 1909). Luis de Castro foi un investigador e recopilador da história de Entrimo e a sua Bisbarra. Deixo tras de si vários centos de artigos e publicazóns adicadas á Baixa Limia. E deixounos tamén a sua casa museu de Bouzoás que mantivo o seu fillo, o doutor Leopoldo de Castro, e que se sustén co esforzo da sua viúva María Antonia Pombares. Na biblioteca desta casa atopouse un artigo publicado en A Rexión de 22 de Xullo de 1973 por Luis de Castro e que fai referéncia ao periodico "O Picaraño". As características deste periodico é que tiña a sua razón de ser en Entrimo, ainda que fose editado en Vigo. O profesor Marcos Valcárcel na sua obra "La Prensa en Ourense e a sua Provincia", e José Albabella en "Notas para unha história de prensa en Ourense", fan referéncia "O Picaraño". Transcrición dun artigo deste libro: -Quedei asombrado cando souben que en Entrimo se fixo un periódico que se chamaba "O Picaraño". Pero é certo e foi nos primeiros anos do século XX. A primeira notícia que tiven foi polo meu amigo Manuel Alvarez Vázquez, guardia forestal e home curioso que me suministró unha fotocópia dun exemplar do ano primeiro de publicación, con data 1 de Xullo de 1.909. A segunda notícia a suministra Pepe Alonso, oficial do Concello de Entrimo, que fixo referéncia dunha cita sobre "O Picaraño" feita no Faro de Vigo como motivo do seu centenario. Por último falando con Manolo Carballeda, mestre nacional e grande amigo, manifestoume que se lembraba dese periódico nos seus tempos de neno.

O Director de "O Picaraño" era Vicente González, irmán de Xosé González "Cabriteiro", e que vive en "As Quintas" de A Feiravella (Entrimo).

Este periódico reflectia xunto ao nome a descrición "Periódico Republicano Radical".

OUTRO DATO CURIOSO A TER EN CONTA

Entrimo estivo en tempos moi dividido políticamente, aínda que sempre con predomínio dos "conservadores" sobre os "republicanos", mais curioso resulta que a IIª República de 14 de Abril de 1931, semella ser que se proclamou nas eleizóns municipais de Entrimo, con antelación de varios días a de Madrid.

Este periódico tiña un nome mordaz, xa que o feminino é "Picaraña" fai referéncia a unha piqueta ou anciño de ferro co un buraco no centro e un extremo en de bico en forma de lengueta, co que se pode ferir. Embaixo do título di textualmente "Su misión é zurrar a badana e sair á luz cando lle dá a gana". Publicábase uns 6 exemplares por trimestre, osea 2 números mensuais. Editábase en Castelán, Galego e Portugués, constaba dunha parte titulada "Campo Neutral". Todos os exemplares debian enviarse ao director en Entrimo.

Fonte: TODO ENTRIMO (Boletín Informativo Municipal).


¿Sabías que por lucir o palmito polas rúas de Entrimo había que pagar un imposto?

Todos os Concellos e arquivos municipais agochan grandes curiosidades, e como proba de iso reflexarei un edicto curioso do Concello de Entrimo (o arquivo deste concello é un xoia, exemplo de como se conservan e cuidan os legados históricos dunha aldea, a miña mais sincera felicitación e parabéns aos funcionários e responsábeis deste concello polo traballo desenvolvido ao longo dos anos).

Os habitantes do Concello de Entrimo durante os tempos de postguerra

COPIA LITERAL DEL CURIOSO EDICTO

Edicto

= D. José Galego Fernández, Alcalde-Presidente do Concello de Entrimo Fago Saber: que este concello pleno lembrou ampliar a base E. da ordenanza número 1 para a imposición sobre signos saturacións de riqueza coas seguintes esencións= Por cada gaban ou abrigo de varón ou femia con pelo de luxo, 10 pesetas. = Por cada femia viciña maior de quince anos que use sombreiro na localidade 10 pesetas. = Por cada muller casada ou viúva co pelo cortado o garçon 20 pesetas. = Por cada muller casada ou viúva cos seus vestidos mais curtos que a meio pantorriña, 15 pesetas. = Por cada femia solteira maior de quince anos co pelo cortado se o garçon, 10 pesetas. = Por cada femia solteira maior de quince anos cos seus vestidos mais curtos que a meio pantorriña, 8 pesetas. = cuxas cuotas serán anuais e satisfeitas polos cabeza de familia. =

É copia


¿Sabes que é "A Tenza"?

A Tenza é unha forma de herdar os bens dos ascendintes en vida destes e cando xa sendo maiores para se facer cargo das fincas e casa.

A Tenza era moi popular en Lobios e outras aldeas, consite en deixar aos fillos a partes iguais os bens dispoñíbeis. A cambio estes teñen que pasarlle "A Tenza", ósea millo, centeo, patacas, viño, etc. para contribuir ao sustemento dos seus pais e a miudo desfrutar dos bens destes en vida.

Este tipo de herdade supuña que alguns dos fillos vivise cos pais, facendo un tipo de vida singular, durante o día traballando fora e comendo normalmente na casa dos sogros (se os ten) utilizando a vivenda unicamente para dormir.


¿Sabías que A Baixa Limia tivo unha lingua propia?

No ano 1938 o alemán Schneider estudou a lingua e a etnografía da Baixa Limia. Este estudo foi recollido no artigo "Estudiem zum Galizischen deas Limiabeckens" (Ourense-Spanien), publicado na revista UKR II (1938). O autor recolle e analiza, entre outras cousas, as peculiaridades do galego falado na Baixa Limia.

No antigo galego-portugués os nomes dos días da semán tiñan como basee os nomes de deuses de planetas, por exemplo martes proviña do deus Marte, xoves do deus Jupiter, etc. Pero no ano 316, o papa Silvestre, como estes deuses eran pagáns, ordeou mudar os nomes dos días da semán. Asi pasaron a ser segunda-feira, terceira-feira, etc. Esta nomenclatura séguese usando polos maiores como segunda, quinta, etc. mais os xovens talvez pola influencia do castelán, recuperaron as primeiras formas, ao dicer luns, martes, mercores, etc.

Fonte: TODO ENTRIMO (Boletín Informativo Municipal).


¿Sabías que na Baixa Limia houbo un famoso bandoleiro?

Nestas terras viveu o famoso bandoleiro "Xan dás Congostras". A sua vida pasou a formar parte dos mitos locais porque non sabemos canto hai de real e canto de lenda. O primeiro que se descoñece é en que época viviu, para alguns foi na segunda metade do século XIX, e outros opinan que foi no século XVI ou XVII. Sabemos que era natural de Pereira (Entrimo) e que o seu refuxio estaba na "Pena de Anamán" (Serra Limítrofe ao Laboreiro Portugués e Leboreiro do Município de Lobeira).

PIA DA MOURA "PENA DE ANAMÁN"Debuxo de Beatriz Pereira Rodríguez.

Segundo conta a lenda as suas víctimas preferidas eran os curas, aos que unha vez atracados, lles cortaba as orellas. "Xan dás Congostras" e a sua banda foron capturados nunha emboscada en Ferreiros de Riba (Entrimo), nun lugar chamado A Picada. Un día, despois de roubar no reitoral do Terrachán (Entrimo), Xan e os seus parceiros fuxian cara a "Pena de Anamán" ; mais en Ferreiros (Entrimo), os guardias estabanlles a esperar. Cando pasaron debaixo dunha lata. Tiraron a lata e apresaron aos bandoleiros. Deste modo foi como acabaron as correrias deste famoso e temido bandoleiro. Da sua existéncia queda ainda viva na memória dos mais vellos, unha copla que servia de reclamo para animar aos xovens a formar parte desta banda de foraxidos.

    Copla

    OS POBRES NON TEÑEN

    OS RICOS NON DAN

    QUEN QUEIRA COLLER PRAZA

    QUE SAIA Á PEDRA DE ANAMAN
    CON DOUS PESOS DIÁRIOS E UN TRABAUCO NA MAN

Fonte: TODO ENTRIMO (Boletín Informativo Municipal).


¿Conoces a Lenda de Annaman? Enviada por: Evaristo González Estévez

A uns trinta metros en sentido Norte da Ermida de Annaman hai un peñasco grande de abondo con un buraco tamén do lado Norte que semella vale de cobixo en dias frios. Segundo a Lenda, de aí sairon sete irmás Virxes, hoxe veneradas naBaixa Limia e o Xurés. Repartíronse a Bisbarra da seguinte forma:

A CARBALLEIRA "QUEGUAS" -ENTRIMO- Debuxo de Beatriz Pereira Rodríguez.

  • Unha foi ao "Viso" (Lobería)
  • Outra foise ao "Xurés" (Lobios)
  • A terceira foise a "Sobreira" (Ferreiros -Entrimo-)
  • A cuarta marchou á "Carballeira" (Queguas -Entrimo-)
      • As outras tres quedaronse na zona Portuguesa.
  • A de "Boavista" (a 3Km. De Annaman, en Aseira) a quinta.
  • A sexta quedouse na Ermida de Annaman, venerada polas aldeas Portugueses de Aseira, Padresoiro, Ribeiro e outros.
  • A última a "Virxe da Peneda", ningunha delas queria ese destino, formándose unha discusión despois da cual lle correspondeu a ésta última ocupar a Ermida da Peneda.

Como non Queria ir advertiulles ás suas irmás que seria a mais Fermosa e a mais venerada das sete irmás. Os que hoxe coñecen a bisbarra, efectivamente, e dentro do respeito que merecen todas as Ermidas e as suas correspondentes virxes, convidarán en que a mais venerada é a "Virxe da Peneda".

baixalimiageres@hotmail.com
Colaboracións, comentários, opinións.....