COLABORACIÓNS
baixalimiaxures.com
LOBIOS
ENTRIMO
MUIÑOS
LOBEIRA
BANDE
Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés
Gerês Xurés
Parque Nacional Peneda Gerês
EVARISTO GONZÁLEZ ESTÉVEZ

A LENDA DE ANNAMAN

A uns trinta metros en sentido Norte da Ermida de Annaman hai un peñasco grande de abondo con un buraco tamén do lado Norte que semella vale de cobixo en dias frios. Segundo a Lenda, de aí sairon sete irmás Virxes, hoxe veneradas na Baixa Limia e o Xurés. Repartíronse a Bisbarra da seguinte forma:

  • Unha foi ao "Viso" (Lobería)
  • Outra foise ao "Xurés" (Lobios)
  • A terceira foise a "Sobreira" (Ferreiros -Entrimo-)
  • A cuarta marchou á "Carballeira" (Queguas -Entrimo-)
      • As outras tres quedaronse na zona Portuguesa.
  • A de "Boavista" (a 3Km. De Annaman, en Aseira) a quinta.
  • A sexta quedouse na Ermida de Annaman, venerada polas aldeas Portugueses de Aseira, Padresoiro, Ribeiro e outros.
  • A última a "Virxe da Peneda", ningunha delas queria ese destino, formándose unha discusión despois da cual lle correspondeu a ésta última ocupar a Ermida da Peneda.

Como non Queria ir advertiulles ás suas irmás que seria a mais Fermosa e a mais venerada das sete irmás. Os que hoxe coñecen a bisbarra, efectivamente, e dentro do respeito que merecen todas as Ermidas e as suas correspondentes virxes, convidarán en que a mais venerada é a "Virxe da Peneda".

Evaristo González Estévez

baixalimiageres@hotmail.com
© www.baixalimiaxures.com