|
|
Camping
de O Corgo (Muiños)
| |
O
Camping de O Corgo está situado na Praia Fluvial de Muiños (Encoro
de As Conchas). Este camping pola sua situación é un estupendo
lugar para desfrutar dunhas vacacións en contacto coa
natureza, situado no Parque Natural Baixa-Limia, Serra do Xurés,
desde as suas instalacións podes acceder a un sinfín de lugares
de enorme conteúdo ecológico, rotas
de sendeirismo excursionismo, termalismo,
visita de monumentos, deguste da
gastronomía popular da zona, actividades propias de montaña
como voos en parapente, paseos en mountain-bike, ou deportes
mais arriscados como o barranquismo. Un mundo de actividades
que farán deste lugar un sítio de referéncia á hora de escoller
un Camping. |

| |
O
Corgo conta con unhas amplísimas instalacións, cuidadísimo entorno,
unha praia ben acondicionada para o baño, escola de piraguismo,
instalacións desportivas, servizo de socorro, cafetería e unha
atención esquisita. |
|
Para chegar ao Camping de O Corgo
desde Ourense, tomamos o N-540 en dirección Celanova, pasando
por Verea e Bande, onde unha vez abandonada esta poboazón e a uns 2
Kms. desviámonos á esquerda pola Estrada Provincial OU-302, até
chegar a Mugueimes (Muiños), dentro do município segiremos as sinalizacións
do Camping a 3 Km. do centro Municipal.
Podes facer a
tua reserva no Teléfono: 988 469 020 / 988 408 963
Información complementaria
no Concello de Muiños: 988 456 403
|