Escudo de Bande
Bande
baixalimiaxures.com
LOBIOS
ENTRIMO
MUIÑOS
LOBEIRA
Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés
Xurés Gerês
Parque Nacional Peneda Gerês

DESCRIPCIÓN

O Concello de Bande está situado ao Sur da Provincia de Ourense (Galicia), na Bisbarra Natural da Baixa Limia.

CONCELLO DE BANDE

Limita ao Norte con Verea, ao Sur con Muiños, ao Este con Rairiz de Veiga e Porqueira, e ao Oeste con Lobeira.

Ten unha extensión de 99 Km2 e unha poboación duns 1.690 habitantes repartidos en 12 parroquias: San Pedro de Bande, San Xoan de Baños, Santiago de Cadós, Santiago de Calvos, San Pedro de Fiz de Carpazas, Santa María de Corbelle, San Xoan de Garabelos, Santiago de Güin, Santiago de Negueiroa, San Pedro de Fiz de Ribeiro, San Torcuato de Santa Comba e Vilar.

A principal via de comunicación de Bande con Ourense é a N-540, estando situado a 42 Km. da capital provincial.

ALTO DO VIEIRO, PORTA DE ENTRADA A BANDE

Bande ubícase nun val rodeado de montañas que atinxen entre os 800 e os 1.140 metros de altitude. Ao Norte e Noroeste atópanse elevacións coma a do monte Fonte Santa con 1.086 metros, ou o monte Castro con 906 metros; ao Oeste atópase o monte Congostro de 911 metros, e ao Suroeste o monte Penamaior con 922 metros sobre o nível do mar.

O Concello de Bande é regado polos rios: Cadós, Limia e Badella.

A sua economia fundamenta-se sobre todo na agricultura e a gandaria, aínda que nos últimos anos se incrementou o número de indústrias que realizan a sua actividade en Bande. As suas produccións mais notables son: millo, patacas, legumes, liño e centeo. A gandeiria está formada sobre todo por gando vacuno e lanar.

FONTE PUBLICA EN BANDE

baixalimiageres@hotmail.com
© www.baixalimiaxures.com