Escudo de Bande
Bande
baixalimiaxures.com
LOBIOS
ENTRIMO
MUIÑOS
LOBEIRA
Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés
Xurés Gerês
Parque Nacional Peneda Gerês
VISITAS

Bande conta con un bo número de sítios interesantes para visitar, compaxinando história, monumentos, etnografía e paisaxe.

ALTO DO VIEIRO

Entre as recomendacións de www.baixalimiaxures.com atópanse as seguintes:

Visita obrigada é a Igrexa de Santa Comba de Bande (estilo visigótico, s. VII), primeiro Monumento Nacional declarado na província de Ourense en 1.921.

De visita obrigada tamén resulta o campamento romano de "Aquis Querquennis" situado na aldea de Baños. Este lugar que podemos contemplar cando as augas do encoro das Conchas non o asulagan xunto co Centro de Interpretación de dita vila romana, axudaranos a comprender mellor o que para os romanos siginificaban estas terras.

A Igrexa de San Pedro de Bande é un monumento a destacar e un lugar para ser visitado. Tamén está a Igrexa de San Xoan de Garabelos coa sua magnífica entrada e o seu retábulo maior.

Conta Bande con alguns exemplares de "petos de ánimas" dignos de conservar e ademirar; resaltar o de Xordos e o de Vilameá, entre outros.

Son múltiples os "Cruceiros" que podemos atopar nos cruces de camiños, nas inmediacións das igrexas ou nas prazas das aldeas, destacando os de: Vilameá (nel aprecia-se a inscrición "ARQVERN"), Lobosandaus, Bande (xunto á Igrexa de San Miguel), Garabelos, Xordos e Corvelle.

CRUCEIRO EN LAS INMEDIACIONES DE LA IGLESIA DE SAN MIGUEL EN BANDE

Tamén se poden visitar os "Muiños" ubicados nas cercanías dos rios que regan estas terras; muíños que moían o grán co que entón se facia o pan. Numerosos "Fornos" onde as xentes cocian o pan de millo - de sabor característico -, usados tamén para facer empanadas e outros alimentos vários. Alguns destes fornos ainda se empregan actualmente, sobre todo para facer carne asada. Bande conta ademais con un número importante de "Canastros".

Ainda podemos andar polos camiños e pontes que hai tempo utilizaban os poboadores destas terras, destacando a ponte de "As Cabras" (tamén coñecido como ponte de Xordos). Non podemos esquecernos de "A Ponte Pedriña", ponte de orixe romana que se atopa baixo as augas do encoro das Conchas e que se pode ver somente en contadas ocasións (cando as augas se atopan a niveles moi baixos).

EMCORO DAS CONCHAS NAS INMEDIACIONS DE PORTOQUINTELA

Para desfrutar da natureza na sua plenitude podes visitar as áreas recreativas de O Vieiro, Iermes e Pombeira, contemplar estes fermosos paraxes dende a Serra das Motas, Pena dó Chan (onde se poden visitar vários xacementos de mámoas), Alto dó Vieiro ou Monte Grande. Pódeste achegar ao refúxio de pescadores de Nigueiroá ou desfrutar dun día de asueto nas inmediacións do encoro das Conchas onde existe unha área recreativa fluvial en Portoquintela, que posibilita a prática de alguns desportes acuáticos como o piraguismo ou o windsuf.

baixalimiageres@hotmail.com
© www.baixalimiaxures.com