|
|
FEIRAS E FESTAS
| FEIRAS |
|
| |
MENSUAIS |
| Bande
conta con duas feiras mensuais que se celebran os dias 13 e
28 de cada mes.
Estas feiras aproveitan-se
polos viciños para se reunir e suministrarse de alguns productos
necesarios.
As tradicionais feiras do
pasado, onde predominaba o troco de gando deron paso a un praza
ambulante onde destacan os productos textis e agrícolas. A pesar
do tempo e a evolución destas feiras, o que segue como antano
son os postos gastronómicos de pulpeiras onde se pode
degustar o famoso "Pulpo á feria", asi como os postos
de carne o caldeiro na praza da vila e nos distintos locais
de tapas e comidas. |
| |
FEIRA
MOSTRA DE RECURSOS ENDÓXENOS |
| Esta
feira celébrase en verán, durante a primeira quincena
de agosto. Ten como obxectivo a potenciación dos productos locais,
con unha especial atención ao sector artesanal e gastronómico.
O visitante poderá saborear unha mostra das carnes de vaca de
raza "cachena" ou "limiá", cabalo e sobremesas.
Nos últimos anos tentase atinxir unha maior dimensión coa participación
de alpendres e productos proveñentes do norte de Portugal. |
| FESTAS |
|
| |
FESTA
DE SAN SEBASTIAN |
| Celebra-se
o dia 20 de Xaneiro. Fai anos, foi considerado este dia festivo
local para celebrar a festas; esa tradición perdeuse pouco a
pouco. |
| |
FESTA
"DO PEIXE" |
| O
terceiro domingo de Xuño celebrase esta festa co obxectivo de
promover a riqueza gastronómica, asi como dar a coñecer o potencial
cinexético e turístico da zona cun concurso de pesca de ámbito
provincial. O acto culmina cunha multitudinaria degustación
de sardiñas, carne de terneira e cabalo, todo iso regado con
un bon viño e acompañado por pan de millo. |
| |
FESTA
DE SAN ROQUE |
| Esta
festa celebrase o terceiro fin de semana do mes de Agosto durante
catro dias, cadrando co maior número de visitantes e emigrantes
na zona. Celebrase asi a festa mais concurrida de todo o Concello. |
| |
FESTA
DE SANTA Mª MADALENA |
|
Esta
festa celebrase o primeiro fin de semana do mes de Agosto no
pobo de Pereira. |

| POVO |
DIA |
EN
HONRA A... |
| BUXAN |
3
de Febreiro |
San
Blás |
| SANTA
COMBA |
3
de Febreiro |
San
Blás |
| PONTE
LINARES |
23
de Maio |
Virxe
das Pontes |
| RECAREI |
13
de Xuño |
San
Antonio |
| RIVEIRO |
4
de Xullo |
Santa
Isabel |
| BAÑOS |
11
de Xullo |
San
Benito |
| LUEDA |
18
de Xullo |
Santa
Mariña |
| NIGUEIROA |
25
de Xullo |
Santiago
Apóstol |
| MEJIDE |
29
de Xullo |
Santa
Marta |
| PAZO |
2
de Agosto |
Santa
Marta |
| MARTINAN |
7
de Agosto |
San
Mamede |
| SANTA
COMBA |
15
de Agosto |
Virxe
das Mágoas |
| CORVELLE |
15
de Agosto |
Santa
María |
| FORCADAS |
17
de Agosto |
San
Bartolomeu |
| LOURAS
(Romaría) |
8
de Setembro |
Virxe
dos Remédios |
| RIVEIRO |
1º
fin de semana Outubro |
Virxe
do Rosário |
| CALVOS |
1º
fin de semana Outubro |
Virxe
da Vitória |
| PEREIRA |
1º
fin de semana Agosto |
Santa
María Magdalena |
Outras festas que se
celebran en Bande son as de Nadal e Reis, os magostos
e o Entroido coa recuperación do "TROTEIRO".
O Troteiro é unha figura
que se perdera nas últimas décadas, a pesar de se ter celebrado
en Bande e algunhas aldeas mais do seu entorno dende tempo
inmemorial. Os Troteiros das aldeas viciños achegabanse
a Bande para entrar nas casas para comer ou meterse cos
moradores. O traxe do Troteiro caracterizase por unha serie
de detalles entre os que resaltan os seguintes: levan un
sombreiro no que se lle colan postais de familiares e amigos
que se receben ao longo do ano, tamén se lle cola un espello
na parte frontal do sombreiro para espantar o mal de ollo;
este sombreiro leva un encaixe con forma de pendente en
volta. Sobre a cara levan un tapete de ganchiño que lles
tapa o rosto e outro no lombo coas iniciais do Troteiro.
Engadeselle un cinto de coiro ao que se lle colgan uns "Chocallos"
que teñen a función de anunciar a sua chegada. Da vestimenta
do Troteiro colgan unhas fitas de cores que antano foron
hedras (crese que é unha herdanza da cultura romana). O
Troteiro leva sempre unha "Vara" na man que utiliza
para erguer os vestidos das rapaces.
UN PERSOAXE
CURIOSO DO QUE HAI QUE DESFRUTAR O DOMINGO E MARTES DE ENTROIDO
|
|