|
O día 4 de Xuño de 2002 inaugura-se
o Balneario de Riocaldo ou Vila Termal de Lobios. Con algunhas
imaxes que tomei durante o acto poderemo-nos facer unha idea da inmensa
obra á cual nos estamos a referer.

|
|
|
|
Unhas cantas fotos do día
da inauguración ( público asistente ao acto e actuación da coral
de Lobios ). Tamén, unha pequena mostra do balneario onde se aprecian
a piscina termal e, sobre esta liñas, a cúpula que a cobre.
Acabado o Hotel-Balneario,
comeza a andadura que será, sen lugar a duvidas, o motor económico
e de desenvolvimento de Lobios e a Baixa Limia. Caibe salientar
o entorno como un dos lugares mais belos que nos podemos atopar
nestas terras.
|
|
|
|
|
|
|
Alá estivemos moitos dos
viciños de Lobios e de outros Concellos limítrofes, xentes do
país viciño Portugal, e outros moitos que non querian perder-se
a foto. Ainda que a miña intención non é o de figurar no contido
desta web - pois creo que eu só son o transmisor do que admiro
e quero, que é a Baixa Limia e o Xurés - fago esta excepción
pondo unha imaxe na que figuro xunto co promotor da idea, Xulio.
De esquerda a direita atopan-se:
Arsenio Landa de baixalimia.com meu pai Pepe do
Pementa no centro un veciño de Riocaldo Calila, un
servido, e o meu bo amigo Xulio J. García Golpe de Lobeira.com.
|
|
|
|
Esta imaxe será história.
A piscina pública xestionada polo Concello foi-lle impartida a
extrema unción, e con iso a sua desaparición. Para todos os que
desfrutamos dela, só nos quedarán os bos recordos e o benefício
para a nosa saúde.
|
|
|
|
¿Non é verdadeiramente
fantástico este lugar?. Deixemos voar a nosa imaxinación a través
desta imaxe e poderemos facer-nos unha pequena idea do que supón
para todos estes lugares que están tocados pola fortuna. iQué
sábios eran os romanos! A natureza para eles non significaba un
escollo se non mais ben un medio de vida do que aproveitaban o
maior dos partidos: a saúde.
|
|