VILA TERMAL LOBIOS
TERMA
VILA TERMAL LOBIOS - RIOCALDO - 2
baixalimiaxures.com
LOBIOS
ENTRIMO
MUIÑOS
LOBEIRA
BANDE
Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés
Xurés Gerês
Parque Nacional Peneda Gerês

O RÍO CALDO O SEU PASO PO-LAS INMEDIACIONS DO BALNEARIO

MEMÓRIA

Riocaldo é un lugar que pola sua situación resulta incomparábel. As aldeas que forman este fermoso val teñen a fortuna de contar cunhas montañas que lle dan unha cor e un cheiro reconfortante; por todo iso, ao longo do tempo eran ben coñecidas estas terras. Os primeiros povoadores chegaron fai miles de anos quedando-se a vivir para sempre, compartindo território con Lobos e Osos, con Cabras e Corzos; non lles faltaba de nada. Séculos despois, achegaron-se a estes lugares os Celtas integrando-se e formando tribus nestas montañas, tribus guerreiras que amaban estes lugares. Coa chegada dos romanos (sábios eles de que un lugar como éste resultaria un paraíso terreal) quixeron quedar-se para sempre e loitaron contra as tribus guerreiras coñecidas co nome de Callacoi (eles deron o nome a Galicia) para arrebatarlles as súas terras, ainda que loitaron ferozmente até cair derrotados por falla de alimento, o que lles levou ao suicidio colectivo (nunca se rendiron).

Mostras dos nosos antepasados podemo-las atopar o longo deste val: dende Mamoas, pasando polos Miliarios que utilizaron os romanos para medir a "Vía Nova", Vía XVIII do Roteiro de Antonino. Ésta unía as cidades de Braga (Bracara) e Astorga (Asturica); tamén quedan os vestíxios da antiga mansión romana "Aquis Originis" construída ao lado das caldas, as cales aproveitaban en múltiples usos.

Séculos despois, outros utilizaron dunha ou outra forma este regalo da natureza, ata chegar aos anos 60 (século XX), momento en que un viciño de Riocaldo se fixo cos Baños a cambio de trager ás aldeas a luz électrica. Este episodio, desgraciado para Riocaldo (a aldea, que desfrutara das rendas da auga termal, perdia en favor de un os priviléxios herdados no tempo). Co transcorrer dos anos os baños cairon en desuso, chegando a un lamentable estado de abandono nas últimas décadas.

No ano 1992 foron adquiridos polo Concello de Lobios (prometíamono-las moi felices, pois de novo voltaban os veciños). Anos despois, xestouse un proxecto faraónico que pretendia erixir un Hotel-Balneario-Restaurante, ata que por motivos de solvéncia económica o proxecto quedouse nunha simple ilusión; iniciou-se a construcción e só se puderon erguer os cimentos e algunha que outra pedra. E novamente voltábamos a ver o fantasma do balneario.

Ano 2001: salta a nova de que o Balneario de Riocaldo por fin se vai facer. A primeira impresión reconforta-nos a todos, entón abordan-nos as dúvidas e preguntas:

  • O Concello de Lobios cede á Fundación San Rosendo a construcción, uso e xestión do Balneario por 90 anos (moitos cremos que 90 anos é unha cesión desmesurada).
  • Estabelece-se a preferéncia dos viciños de Lobios e o seu entorno á hora de cubrir os postos de traballo (todos esperamos que se cumpla e seguiremos con detalle o desenvolvimento desta claúsula).
 

O Balneario de Riocaldo é a obra mais importante realizada no Concello de Lobios o longa da súa historia e por iso creo profundamente na sua capacidade para desenvolver estas aldeas e a súa bisbarra. Penso que haberá un antes e un despois do Balneario e estou convencido de que Lobios remontará novamente o fatídica estadística de despoboación. Ainda que as cousas sempre son mellorables é non debemos deixar-nos convencer de que non se poden facer doutra maneira, espero e desexo que todos dentro dun tempo cadremos nunha análise positiva deste proxecto.

Tampouco non debemos cair na simpleza e na sen-razón, buscando afanosamente facer canto antes as obras de mellora do entorno e suministro do balneario sen adoptar as medidas necesárias de protección do entorno e do patrimonio. A construcción deste complexo non xustifica baixo nengun conceito a destrucción da riqueza patrimonial e natural herdada.

SUBIR


OPINIONES. Por: José Lamela Bautista.

www.baixalimiaxures.com, contribui á divulgación da opinión das xentes que povoan esta bisbarra natural.

O articulo "Quo Vadis, Riocaldo" publicado en vários medios de comunicación e facilitado a esta páxina por José Lamela Bautista (colaborador de baixalimiaxures.com), refeja o sentir das xentes de Riocaldo.

Quo vadis, Riocaldo

O manantial termal de Riocaldo, a vista de páxaro encuadrase no núcleo central do Parque Natural do Xurés e, dende unha perspectiva espacial e matemática, situa-se xusto no centro de gravidade do Parque Nacional Peneda-Gerês luso. Por iso, Riocaldo constitui o corazón dunha das áreas naturais mais interesantes de Europa. Un corazón que, ademais, latexa ao misterioso ritmo cardíaco das mareas oceánicas.

Destas mareas que se detectan nas súas charcas, falaron persoas ilustres de antes: Murguia, Risco, Alonso e outros. A versión de Benito Fernandez Alonso, fai cen anos, dicia que "co fluxo e refluxo das súas ferventes augas fluen aos empurres do alta e baixa mar; iso é tan de ademirar cando se considera a distáncia a que se achan do grande oceano, sen se explicar a razón do fenómeno tan patente como extraordinário"

As caldas de Riocaldo foron glorificadas, como non, polos romanos que aproveitaron as suas salutíferas augas, aos que nomeaban como Aquas Orixines no século II e Aquas Ocerense no século IV.

A eséncia máxica desta auga, derivada da sua condición medicinal, hai que engadir-lle un papel relevante na conservación da cultura tradicional local, mediante a súa esplotación económica que reportou unha importante contribución á xestión das leis comunitarias que rexeron a povoación de Riocaldo dende tempos inmemoriais, e, desde diversos frontes: a conservación da Ermita do Xurés, o amaño de camiños paroquiais, a construcción de cabanas pastoris, pontes e dixurros. Ainda se lembra como foi adquirida en Lisboa a campá pequena do Xurés a princípios de século con fondos comunitarios dos baños.

Pero, un episodio descorazonador pon en perigo a supervivencia de Riocaldo. Xusto encima do manantial aludido, está-se a construir un macro hotel xestionado por capital privado, e que vai afogar aos ollos dos veciños e en benefício próprio, o manantial termal para sempre. Por se fose pouco, vaise encauzar o Rio Caldo 200 metros augas en riba, arruinando definitivamente o marco de extraordinario potencial biolóxico sobre o que se acha asentado o balneario.

Ao amparo de non sei que normas, de curiosas xenerosidades, de vaporosas promesas, de trámites supostamente legais, e sobretodo, con unha preocupante falta de información aos viciños afectados, xurde palmo a palmo a construcción da mole granítica que esmagará o corazón do Xurés. Haberá probablemente leis que autoricen esta obra, pero, o espírito desas mesmas leis ficará sériamente quebrantado.

RIOCALDO LIMPIO Y CRISTALINO

De nada servirá entón que inquietos investigadores traballen na liña de ver se de Rivus Calidum (nome dado a Riocaldo até o século XIII) procede o étimo Cal- da tribo Calecia, povoadora do Xurés e vítima das tropas de Decio Xuño Bruto, que deu o nome a Galicia, e mesmo, (se non falla a opinión do meu ilustre amigo, o profesor universitário de Lisboa, Manuel Antúnez) o nome a Portugal (Portus Calem).

Como di un viciño de Riocaldo "Os nosos descedentes terán todo o dereito a reclamarlle a esta xeración a fraqueza e a covardía de deixar que veñan de fora e saquen-nos até a própria seña de identidade: os baños (¡Se meu avó erguese a cabeza!)".

(La Región 19-09-01) José Lamela Bautista

SUBIR

RIOCALDO: DIREITO A UN VASO DE AUGA

O espírito esencial da história dos baños de Riocaldo condensa-se en dous documentos de curioso contido e singular similitude. Ambos estabelecen coas suas datas os límites da raia entre o que foron e o que deben seguir sendo as augas termais respecto dos viciños de Riocaldo.

O primeiro documento, un pergamiño rancio depositado no Arquivo Nacional, dada do 955, no que o Rei de León Ordoño III concede ao Bispo Rosendo desde gueurres usque in riuo calido de todos os bens e, naturalmente, cos seus montes e fontes. O segundo documento, xa datado no 2000, é un expediente do Concello de Lobios que promove a cesión gratuita dos Baños de Riocaldo á Fundación San Rosendo, e con iso, supostamente, fai concluir para os viciños todos os direitos milenários de domínio sobre as augas e o marco xeográfico en onde afloran.

O paréntese de mil anos que pechan ambos documentos foi pródigo para os viciños, que souberon usufruir libremente estas augas medicinais, pasando a incluí-las no lugar mais importante do seu vademecum de medicina tradicional, unhas veces aplicadas como hidropínico (por ingesta) e outras como tópico (ducha ou baño), e nunca deixaron de complementar a sua aplicación medicinal con unha axuda económica adicional á comunidade vicinal mediante a sua esplotación.

A liña de cadráncias observada entre os dous documentos é enxebremente virtual; a realidade dos seus contidos é moi outro, como se pon de manifesto na trazabilidade compulsada entre ambos textos.

Por exemplo, o Rosendo mencionado no primeiro documento, é o San Rosendo auténtico, o varón providencial, flor e honradez de España, fillo preclaro da rexión galega, incliño monxe e glorioso fundador; mentres que a Fundación San Rosendo do segundo documento, polas referéncias que dispomos, é un mero nome dunha empresa, se cadra aconsellado polas modernas estratéxias subliminais de marketing, e do que se aproveita unha entidade capitalista para promover os fins que lle son propícios aos seus intereses, evidentemente económicos.

Pero o mais sonroxante é saber que os viciños de Riocaldo (que son os auténticos proprietários históricos dos baños), a partir da cesión concertada Concello-FSR, estiveron contemplando como se desmontan peza a peza os seus mais arraigados valores culturais, tradicionais e patrimoniais herdados dos antepasados.

Perden o direito ao consabido procedimento de hidroterapia, e , perden mesmo para os males do corpo a posibilidade de tomar un vaso de auga dos baños, o remédio natural mais eficaz legado polos seus antepasados. Menos mal que a lei de Montes Vicinais en Man Comun de 1.968, Art. 2 b., semella que ven a pór un pouco de luz a tantas trabas. O balneario, que é un indubitábel ben de domínio vicinal, pasa segundo esta lei a constituir-se en "un ben indivisíbel, inalienabel, imprescriptibel e inembargabel". O que traducido, quere dicer que os viciños de Riocaldo, non poden renunciar aos seus direitos sobre o Balneario. O domínio de propriedade que lle ven conferido non prescrebe xamais, non podendo ademais dividí-los , vendé-los nen embargalos.

E sendo asi, non é fácil de entender por que segue adiante a obra faraónica do Hotel-Balneario que se está a construir encima do manantial termal por parte da citada iniciativa privada, sabendo que os viciños, segundo afirman, non renunciaron nunca os seus direitos de propriedade sobre as augas e ao chan en que afloran.

(La Región 30-04-02) José Lamela Bautista

SUBIR


FOTOS PISCINA

Piscina Termal hace unos años

Foto 1

Piscina de Riocaldo fai uns anos.

Foto 2

Aqui vemos un importante número de persoas tomando baños.

Foto: Miguel Vilar (La Voz de Galicia)

Piscina Termal hace unos años

Fotografias tomadas fai anos, cando a piscina permanecia completamente aberta e sen ningunha limitación no seu uso, o que levou ao deterioro e a unha mala utilizazón.

Mais tarde a piscina comezou a ser coñecida en toda a Baixa Limia e o Xurés-Gerês, o que conduciu a unha situación insosteñible pois resultaba imposíbel tomar un simple baño debido ao grande número de persoas que concurrían neste lugar, abarrotando esta piscina de pequenas dimensións; toda esta xente contribuiu a traer ainda a mais xente o que se voltou insoportable (moitos dos que chegaban nen siquera traían roupa de baño adecuada para utilizar a piscina). Usaba-se como lugar de aseo, o que contribuiu a criar mal-estar na xente da zona e nos visitantes que verdadeiramente precisaban esa auga para as súas doenzas (todo iso co conseguinte risco de infeccións para os usuários deste lugar).

Anos despois, tomou-se a decisión de valar a zona da piscina e cobrar unha módica cantidade polo seu uso (excepto aos viciños de Lobios que estaban exentos) .Con iso contribuía-se ao manteñemento das instalacións e controlába-se a súa boa utilización (decisión que considero acertada).

Todo iso será história. Moita xente lembrará esta piscina para sempre como un lugar en medio do Xurés onde podias reconfortarte das túas doenzas ou releixarte co calor da auga e as vistas da nosa amada Serra.

A piscina construiu-se a princípios dos 90, valou-se no ano 95-96, e desapareceu no 2002.

Piscina de Riocaldo actualmente.

PISCINA Y RECINTO TERMAL

PISCINA ACTUALMENTE

PISCINA ACTUALMENTE
PISCINA Y RECINTO DE BAÑO Y DESCANSO
PISCINA AL CAER LA TARDE
PISCINA Y RECINTO DE BAÑO

SUBIR


CURIOSIDADES

Na crenza popular da zona está arraigada a idea de que a auga que mana do manantial de Riocaldo, influen as marés no seu fluxo e refluxo diário ainda estando Riocaldo a uns 100 Kms. do mar. Para aumentar a crenza hai quen afirma que aparecen flotando en ditas augas mariscos, conchas, etc.

Se estás interesado en saber mais sobre Riocaldo e a sua bisbarra pode-lo atopar no libro "O Xurés e os seus Mistérios". Autor: José Lamela Bautista. Publicado por CALIDUM.

 

NOTÍCIA

A Voz de Galicia (3/3/01)

Economia apoia o proxecto para criar un hotel balneario en Riocaldo

TERMALISMO O Igape asume os intereses dun empréstimo de 300 millóns que pedirá a Fundación San Rosendo
O proxecto de construcción dun hotel balneario en Riocaldo, en Lobios, recebiu onte un importante apoio. O conselleiro de Economia, Xosé Antón Orza, e o responsábel da Fundación San Rosendo, Benigno Moure, asinaron un convenio polo cual o Igape asume os intereses dun empréstamo de 300 millóns que solicitará a fundación para financiar o proxecto de construcción do hotel balneario da Baixa Limia. O orzamento estimado para levar a cabo a obra ascende a 1.362 millóns.

REDACCIÓN  OURENSE

O proxecto de construcción do hotel balneario de Riocaldo promove-se desde a sociedade Xestión de Balnearios S.L. e o convenio ratificado onte por Orza e Benigno Moure tiña como obxectivo «regular as condicións de subsidiación polo Igape dun empréstamo de 300 millóns de pesetas».
O empréstamo a subsidiar servirá, segundo recoñeceu-se onte desde o Igape, «para apoiar ou financiamento dun investimento proxectado cifrado en 1.362 millóns de pesetas e destinado á construcción e posta en marcha dun hotel balneario en Riocaldo (Lobios), que supón a creación de 46 postos de traballo».
Desde o Igape destaca-se o potencial do lugar, enclavado na entrada do Parque Natural Baixa Limia-Serra dó Xurés, unha das zonas «turísticas con maior actividade e potencial de futuro dentro dá província de Ourense». coa construcción do hotel balneario a sociedade promotora do proxecto «proponse contribuir ou desenvolvemento económico e social dá Baixa Limia a través dó turismo termal e ofertar emprego a persoas con menosvalias, entre outros obxectivos». Desde o Igape lembra-se que o turismo de calidade considera-se un sector estratéxico de futuro.

SUBIR
baixalimiageres@hotmail.com
© www.baixalimiaxures.com