Aquis Querquennis
baixalimiaxures.com
LOBIOS
ENTRIMO
MUIÑOS
LOBEIRA
BANDE
Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés
Xurés Gerês
Parque Nacional Peneda Gerês

AQUIS QUERQUENNIS

VILA ROMANA DE AQUIS QUERQUENNIS
BANDE

A vila romana de Aquis Querquennis atopa-se ubicada no Concello de Bande (província de Ourense). Para chegar a este lugar dende Ourense capital, a via de comunicación é a N-540 que dende a cidade das Burgas lévanos ata a raia de A Madalena, pasando por Bande e polas inmediacións deste lugar. Chegados a Bande en direción a Portugal, seguimos pola N-540 ata chegar á aldea de Porto Quintela unha vez eiqui hai que desviar-se á esquerda por unha estrada que non está sinalizada e que pode pasar desapercibida se non permanecemos atentos. Esta estrada que nos conduce a Os Baños está na metade dunha recta na aldea de Porto Quintela; xa en Baños diriximo-nos á esquerda onde por un camiño de terra achegamos ao Centro de Interpretación deste lugar e, mais adiante, á Vila Romana.

Se a nosa viaxe comeza en Portugal, a rota a seguir pasará polas raias de A Madalena, a de A porte d'Home ou pola raia de Meixueira. Cruzada a raia, se o facemos por A Madalena seguiremos pola N-540 até chegar á aldea de Porto Quintela e no lugar descrito desviamo-nos á direita. Se nos incorporamos polas outras raias, debemos chegar polas vias adyacentes a N-540 direción Ourense até a aldea de Porto Quintela.

UNHA PARTE DA VILA ROMANA
OUTRA PARTE DA VILA ROMANA

 

"A Cidá", nome co cual se coñece a este lugar, é un dos principais xacementos arqueolóxicos da Baixa Limia. A sua importáncia ven dada polo que significou, sendo esta ubicación importante para o control destas terras durante a ocupación romana.

Este campamento militar controlaba o rio Limia e os seus arredores, sendo moi importante a vixiláncia da Vía XVIII do Roteiro de Antonino (a Vía Nova). Eiqui permanecia unha guarnición romana de infantería e caballería que dominaba á poboación oriunda.

Campamento de forma rectangular no que destacan as suas murallas. No seu complexo resaltan a sua rampla de acceso, as suas torres cuadradas e un foso; tamén se poden ver os piares nos que se asentaban os almacens. Son vários os barracons que utilizaban os soldados e cre-se que pudo contar con un hospital (coñecedores das propriedades curativas das augas termais que brotan nas inmediacións do campamento, os romanos aproveitaban-se sempre deste recurso natural) debido aos restos atopados entre os que figuran: utensilios quirúrgicos, unha estatuiña que representa a un legionario, restos de cerámica, ... todos eles recollidos e expostos no museu creado para recopilar todo o aparecido neste lugar.

MUSEU E CENTRO DE INTERPRETACIÓN

CENTRO DE INTERPRETACION DA VILA ROMANA
Nas instalacións do Museu e do Centro de Interpretación podemo-nos facer á idea do que eiqui aconteceu e como se desenvolvia a vida na vila romana.

Monumento histórico-artístico dende 1.981, permanece en moitas ocasións baixo as augas do encoro das Conchas (¡increible! ) xa que cando o nível da auga é moi alta cubre os xacementos arqueológicos co que iso supón para a sua conservación. Se se ten en conta que éste é un dos xacementos arqueológicos mais importantes da zona, non é de recibo que se boten a perder como consecuencia do aproveitamento hídrico. Este encoro que no seu dia tiña unha importáncia estratégica na zona, actualmente non causaria maior perjuicio (todo o contrário) manté-lo a un nível que non afecte a este xacemento e que beneficiaria a todos, pois, a niveles menores o achegamento turístico é maior, quedando descubertas estupendas zonas de praia fluvial e de recreo.

As Vilas Romanas de Brácara
Salaniana (terras de Bouro -Portugal-)
Aquis Originis (Riocaldo -Lobios-)
Aquis Querquennis
Geminas (Sandias)
Salientibus (Maceda)
Praesidio (Castro Caldelas)
Nemetobriga (Trives)
Foro (Petín)
Gemestario
Bergido (Cacabelos)
Interaconio Flavio (Bembibre)

a Astúrica

VILA DE AQUIS QUERQUENNIS

O complexo romando de "Aquis Querquennis" é un lugar de visita obrigada. Eiqui achegaraste ao pasado e apreciarás un lugar dunha beleza inigualable, un magnífico sítio para desfrutar dunha xornada de descanso nas inmediacións do encoro, conxugando cultura e natureza.

VISTA DA VILA ROMANA

baixalimiageres@hotmail.com
© www.baixalimiaxures.com