Camping / Albergue Entrimo
baixalimiaxures.com
LOBIOS
ENTRIMO
MUIÑOS
LOBEIRA
BANDE
Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés
Xurés Gerês
Parque Nacional Peneda Gerês

Albergue de Entrimo "Penedos de Xacinto"

Albergue situado no Concello de Entrimo, no lugar denominado "Penedos de Xacinto" na Cabeza da Vella (estrada da Illa a Bouzadrago), ten unha capicidade de 100 persoas ( utiliza-se durante os meses de Xullo e Agosto).

Este Abergue esta Xestionado pola Xunta de Galicia.

Situado en meio do bosque, un lugar ideal para manter ás colónias de xovens que durante o verán desfrutan das suas dependéncias en pleno contacto coa natureza.

Estas instacións contan con todos os servizos necesários para un cuidado responsábel das xovens que pasan aqui as suas férias.

O Albergue está atendido por unha equipa de dez persoas que fan as labores de mantemento. Esta equipa forman-o: Un xerente, un socorrista, un médico, un cociñeira, un axudante de cociña, un espete, un encarregado do almacen e tres peóns. Ademais engadirán-se a esta equipa en cada quenda (100 persoas por quenda), un director, dous ou tres especialistas en actividades socioculturais e sete ou oito monitores.

As actividades levadas a cabo neste albergue varian segundo a idade dos xovens, entre as destacabeis atopan-se: baños na piscina do albergue, deportes vários no albergue, rotas de sendeirismo actividades culturais, criativas e de participación, sen deixar de lado o contacto coas festas e tradicións da Baixa Limia.

Información sobre o Albergue no Concello de Entrimo, Tel.: 988 434 666 ou na páxina web de Xunta de Galicia.
baixalimiageres@hotmail.com
© www.baixalimiaxures.com