|
|
| ENTRIMO |
ACTIVIDADES NO CONCELLO DE ENTRIMO |
| |
II CAMIÑATA DE ENTRIMO Circuito galego-luso |
|
| RESUMO
DA CAMIÑATA:
A camiñata da montaña de
Entrimo discurre polas serras de Queguas e o Quinxo, encravadas
nos lindes do Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés.
Como tódalas do circuito, ten 50 kilómetros
en tres etapas: Queguas 18, Quinxo 24, e Feira Vella 8, dispoñendo
os concurrentes de 12 horas para facelo, aínda que
cada cal pódese plantexar calquera dos sectores. O
desnivel acumulado acada os 1.500 metros.
A proba estará sinalizada polas
marcas internacionais de sendeirismo, e onde non as haxa,
polas sinais verdes ou as fitas penduradas de calquera árbore,
poste...
Os controles, segundo os dorsales ou un
chip, faranse ao longo da proba, e na cabeceira a camiñata
na alameda de Entrimo.
Os aprovisionametos:
REGULAMENTO:
A data límite
de escripción é hasta o 22 de abril,
salvo que no se cubriran as 300 prazas dispoñibeis,
aínda que a organización reservarase o dereito
de amplialas, segundo a demanda e hasta un límite máximo
de 400. Na mesma saida poderase inscribir un se houbera prazas.
O prezo sinalado
é de 15 euros no que se inclue o polar,
aprovisionamento en ruta e na cabeceira de Entrimo, esí
coma masaxes a cargo dos profesionais do Balneario de Riocaldo,
ademais de descontos especiais nos establecementos que se sinalan.
As inscripcións
faranse:
- Concello de Entrimo.
Tel.: 988 434 666 Correo Electrónico: concello.entrimo@eidolocal.es
- Tenda deportiva En Libre. Tel.: 988 269
963
- Tenda Zagora. Tel.: 988 269 408
ROTEIRO:
-
I ETAPA.-
As 9 da mañá do 30 de abril dase a saida dende
Entrimo, hasta o río Pacín para subiros pobos
deVilar, Venceás e Queguas, e voltar por enriba do
Cristo do Lumear e deixar a esquerda o Pedreiriño.
-
II ETAPA.-
Sai de Entrimo en dirección Pereia, onde escomenzan
os cumios da serra do Quinxo para denantes do cumio virar
a esquerda e baixar A Pica onde seguerá o vello camiño
subindo e baixando polo monte hasta pasar os regatos ou
corgos do Porto, Grallas e Fecha, para logo deixar Bouzadrago
a esquerda e baixar o río Agro ou de Covas, pasar
polas suas pontes mediavais e acadar por A Quintán
a capital de Entrimo.
-
III ETAPA.-
Sai de cara O Casal, acada Asperelo,a Feira Vella, Galez
e pola outra banda do Casal chégase a meta e cabeceira
das etapas en Entrimo.
HOSPEDAXES:
O prezo para os escritos
é de 20 euros por persoa en habitación
doble con cea e pequeno almorzo, nestes hoteis:
- HOTEL RESTAURANTE DON
PEPE, Tel.: 988 434 645
- HOTEL RESTAURANTE A ENTRIMEÑA,
Tel.: 988 434 658
- HOTEL RESTAURANTE BARCELONA, Tel.: 988
434 724
- CASA DE ASPERELO, Tel.: 988 434 910 /
Web: aldeadeasperelo.com
- CASA DA FEIRA VELLA. Tel.: 988 439 882
/ Web: casadafeiravella.net
- CAMPING VIÑA GRANDE, Tel.: 661
423 801
ORGANIZA:
Cultura do Concello de Entrimo
Supervisa: Circuito Galego-Luso
PATROCINA:
Concello de Entrimo. Tel.:
988 434 666 Correo Electrónico: concello.entrimo@eidolocal.es
COLABORAN:
Caixa Nova, ZAR Industrias
Vázquez Durán, Consellería de Familia,
Xuventude e Deportes, Hostelería e comercio de Entrimo,
Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés, Protección
Civil, Tenda de deportes EN LIBRE. |
| |
FESTA
DA EMPANADA DE FORQUELLAS E DE CARNE DE VACA CACHENA |
|
|
Celébrase o día
15 de maio de 2005, no campo da feira do Concello da Terrachán
(Entrimo), mais información no Concello
de Entrimo. Tel.: 988 434 666 Correo Electrónico: concello.entrimo@eidolocal.es
|
| |
CAMIÑATA
TERRACHAN-PENEDA |
|
| Celébrase
o día 17 de setembro de 2005, con 27 kilómetros
de percorrido, polos pobos de Ferreiros de Abaixo e Pereira
en Entrimo, é Ribeiro da Baixo, Ribeiro de Cima e A Peneda
en Melgaço.
O prezo de inscripción
é de 10 euros e conta con un poste de aprovisionamento.
Información no Concello
de Entrimo. Tel.: 988 434 666 Correo Electrónico: concello.entrimo@eidolocal.es |
| |
FESTIVAL
ENTRIMEÑO DAS MÚSICAS |
|
Celébrase o día 16 de agosto
de 2005, dentro do programa de festas patronais do Concello
de Entrimo.
|
| |
CAMPIONATO
DE ESPAÑA DE TRIAL |
|
A celebrar unha das probas do campionato
de España o día 11 de setembro de 2005, organizado
polo Motoclube Trial Ourense.
|
| MUIÑOS |
Premios / Concursos |
| |
PREMIO LITERARIO DE RELATO CURTO |
|
| BASES:
- Convócase con gallo do día
das Letras Galegas e para promover o coñecemento
da Baixa Limia
- A súa modalidade é relato
curto cunha extensión mínima de 10
follas e máxima de 30. Mecanografada a dou
espacios en DIN A4.
- O tema será "Ó
redor da Baixa Limia".
- Os traballos que serán en lingua
galega, asinados baixo un "lema ou seudónimo",
presentaranse nun sobre, no que se fará constar no
seu exterior, "PREMIO LITERARIO DE RELATO CURTO"
figurando o lema ou seudónimo de quen presenta. Acompañará
outro sobre pechado que conteña os datos persoais
do autor.
- O xurado fallara un único
premio dotado con 600 euros, no que valorará
a creatividade, imaxinación e coñecemento
da Baixa Limia.
- Poderá ser declarado deserto
por falta de calidade ou non axustarse as bases.
- O xurado cualificador estará
composto por persoas vinculadas co mundo da cultura e será
nomeado polo Concello.
- O prazo de presentación
remata o día 13 de Maio de 2005. O xurado
fixará a data de entrega do premio que terá
lugar na casa da cultura do Concello de Muiños.
- A participación no concurso,
supón a plena aceptación das bases e o fallo
do xurado.
|
| |
III
CONCURSO DE FOTOGRAFÍA |
|
| BASES:
- Requisitos: Os concursantes poderán
participar cun máximo de 6 fotografías,
que se axustarán as seguintes normas:
TEMA: A Baixa Limia
MODALIDADE: Color,
blanco e negro en papel fotográfico.
TAMAÑO MÍNIMO:
15 X 20 cm.
- Presentación: As fotografías
adxuntaranse en sobre cerrado. No exterior figurará
o número de obras presentadas e lema do autor. O
dorso de cada foto o título. E tamén acompañará
un sobre pequeno que dentro conteña:
- O nome completo do autor, enderezo,
número de teléfono, e número de
D.N.I.
- Calendario: As fotografías entregaránse
no concello de Muiños ata o día 13 de Maio
do 2005 en horario de luns a venres de 9:00 a 14:00
horas.
- A inauguración da exposición
e entrega de premios será fixada polo xurado
cualificador, nomeado polo Concello. O CONCURSO PODERA
QUEDAR DESERTO.
- Premios:
- 1º PREMIO----------600
Euros.
- 2º PREMIO----------400
Euros.
- 3º PREMIO----------300
Euros.
- Obras premiadas: As fotografías
premiadas quedarán en propiedade do Concello de Muiños.
|
| |
II
PREMIO DE PINTURA |
|
| O
Concello de Muiños convoca o II CONCURSO DE PINTURA para
nacidos e residentes en Galicia, con arreglo ás seguintes
bases:
- Primeira: Os participantes concursarán
con dúas obras, únicas e orixinais, que se
axustarán ás seguintes normas:
TEMA: PAISAXE - O
Concello de Muiños
Técnica libre
Tamaño máximo
100 X 80 cm.
- Segunda: Os cadros deberán estar
enmarcados en acondicionados para a súa exposición.
Non se admitirán as obras protexidas por cristal
ou P.V.C., a excepción das acuarelas e pasteis.
- Terceira: As pinturas entregaranse
no Concello de Muiños dende o luns ía 2 de
Xaneiro de 2005, ata as 13,00 horas do venres día
13 de maio, en horario de luns a venres de 9,00
a 14,00 horas.
- Cuarta: As obras presentadas deberán
vir asinadas co nome do autor e acompañará
un sobre fechado que dentro conteña: o nome completo
do autor, o enderezo, o número de teléfono,
o número de D.N.I., a data de execuación do
cuadro e o título.
- Quinta: A retirada dos cadros farase
persoalmente polo autor ou por persoa autorizada, durante
un mes a partir da finalización da exposición;
pasado o devandito prazo, enténdese que renuncia
a calquera dereito sobre os mesmos.
- Sexta: As obras pasarán unha
selección previa antes de ser expostas, Exposición
que se inaugurará nas datas que preceden o día
das letras galegas.
- Séptima: Os premios serán
os seguintes:
ÚNICO PREMIO----------1.000
Euros.
PARA PARTICIPANTES
DE ATA 18 ANOS----------150 Euros.
- Octava: Os premios non poderán
dividirse.
- Novena: Os cadros premiados quedarán
no poder do Concello e pasarán a formar parte do
Patrimonio Cultural do mesmo, podendo reproducilos e difundilos
con enteira liberdade.
|
| |
VIII
EDICIÓN DO CONCURSO LITERARIO |
|
No ano 1996, o Concello de Muiños
aprobou Convocar tódolos anos, un concurso entre Escolares
de Galicia co obxetivo de promover o coñecemento da
Baixa Limia. A convocatoria correspondente o ano 2005 rexerase
polas seguintes bases:
-
O concurso debe ter
modalidade de RELATO CURTO. E debe estar ambientado na Baixa
Limia, tanto no presente como no futuro. Valorarase, a imaxinación,
a creatividade e o coñecemento da Baixa Limia.
-
Poderán concorrer
ó concurso tódolos estudiantes (individualmente
ou en grupo) dos colexios de ensino de Galicia.
-
Os traballos, redatados
en galego, poden presentarse escritos a mao (letra lexible)
ou letra mecanografada. A extensión será entre
2 ou 3 folios para alumnos de primaria, e 5 folios a doble
espacio para o resto.
- O concurso convócase en tres modalidades:
I. Premio----------180
Euros.
II. Premio----------90
Euros.
I. Premio----------180
Euros.
II. Premio----------90
Euros.
-
Haberá senllos
premios especiais de 300 euros para o colexio de
primaria e de E.S.O que presente maior número de
traballos e de mais calidade.
-
Os traballos na primeira
páxina irán co título de relato corto
cun lema ou seudónimo. O traballo entregarase nun
sobre pechado co nome, apelidos e colexio, do autor do traballo
e no exterior escribirase o título de relato curto,
lema e modalidade.
-
O xurado cualificador
estará nomeado polo Concello de Muiños.
- Os traballos poderan entregarse nas oficinas
do Concello de Muiños, ou envialos por correo certificado
ó seguinte enderezo:
-
CONCURSO
LITERARIO "UNHA VIAXE POLA BAIXA LIMIA"
PRAZA S.
ROSENDO, 1
CONCELLO
DE MUIÑOS
32880-MUGUEIMES
- O prazo de
presentación finalizará o día 13
de Maio de 2005 (para certificar a data será
válido o mataselos de correos ou da secretaría
do Concello).
-
O xurado fixará
a data de entrega de premios que terá lugar no edificio
da Casa da Cultura do Concello de Muiños. A participación
no concurso supón a plena aceptación destas
bases e do fallo do xurado.
|
|