logotipo

img_google
ACTUALIDADE
baixalimiaxures.com
LOBIOS
ENTRIMO
MUIÑOS
LOBEIRA
BANDE
Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés
Xurés Gerês
Parque Nacional Peneda Gerês
CONCELLOS
MUIÑOS
Premios / Concursos
Remata a presentación o 16-05-06
PREMIO LITERARIO DE RELATO CURTO

BASES:

  1. Convócase con gallo do día das Letras Galegas e para promover o coñecemento da Baixa Limia, e será convocado cada dous anos.
  2. A súa modalidade é relato curto cunha extensión mínima de 20 follas e máxima de 30. Mecanografada a dous espacios en DIN A4.
    1. O tema será "Ó redor da Baixa Limia".
  3. Os traballos que serán en lingua galega, asinados baixo un "lema ou seudónimo", presentaranse nun sobre, no que se fará constar no seu exterior, "PREMIO LITERARIO DE RELATO CURTO" figurando o lema ou seudónimo de quen presenta. Acompañará outro sobre pechado que conteña os datos persoais do autor.
  4. O xurado fallara un único premio dotado con 1.000 euros, no que valorará a creatividade, imaxinación e coñecemento da Baixa Limia.
    1. Poderá ser declarado deserto por falta de calidade ou non axustarse as bases.
    2. O traballo premiado quedará en propiedade do Concello de Muiños que poderá difundilo con enteira liberdade.
  5. O xurado cualificador estará composto por persoas vinculadas co mundo da cultura e será nomeado polo Concello.
  6. O prazo de presentación remata o día 16 de Maio de 2006. O xurado fixará a data de entrega do premio que terá lugar na casa da cultura do Concello de Muiños.
  7. A participación no concurso, supón a plena aceptación das bases e o fallo do xurado.
Remata a presentación o 16-05-06
IV CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

BASES:

  • Requisitos: Os concursantes poderán participar cun máximo de 6 fotografías, que se axustarán as seguintes normas:

TEMA: A Baixa Limia

MODALIDADE: Cor, branco e negro en papel fotográfico.

TAMAÑO MÍNIMO: 15 X 20 cm.

  • Presentación: As fotografías adxuntaranse en sobre pechado. No exterior figurará o número de obras presentadas e lema do autor. O dorso de cada foto o título. E tamén acompañará un sobre pequeno que dentro conteña:
    • O nome completo do autor, enderezo, número de teléfono, e D.N.I.
  • Calendario: As fotografías entregaránse no concello de Muiños ata o día 16 de Maio do 2006 en horario de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.
    • A inauguración da exposición e entrega de premios será fixada polo xurado cualificador, nomeado polo Concello. O CONCURSO PODERA QUEDAR DESERTO.
  • Premios:
    • 1º PREMIO----------600 Euros.
    • 2º PREMIO----------400 Euros.
    • 3º PREMIO----------300 Euros.
  • Obras premiadas: As fotografías premiadas quedarán en propiedade do Concello de Muiños, obtendo tódolos dereitos de utilización.
  • A participación neste Concurso de Fotografía supón a aceptación de tódalas bases eo fallo do Xurado.
Remata a presentación o 16-05-06
III PREMIO DE PINTURA

O Concello de Muiños convoca o III CONCURSO DE PINTURA para nacidos e residentes en Galicia, con arreglo ás seguintes bases:

  • Primeira: Os participantes concursarán con dúas obras, únicas e orixinais, que se axustarán ás seguintes normas:

TEMA: PAISAXE - O Concello de Muiños

Técnica libre

Tamaño máximo 100 X 80 cm.

  • Segunda: Os cadros deberán estar enmarcados e acondicionados para a súa exposición. Non se admitirán as obras protexidas por cristal ou P.V.C., agás as acuarelas e pasteis.
  • Terceira: As pinturas entregaranse no Concello de Muiños dende o luns ía 2 de Xaneiro de 2006, ata as 14,00 horas do martes día 16 de maio, en horario de luns a venres de 9,00 a 14,00 horas.
  • Cuarta: As obras presentadas deberán vir asinadas co nome do autor e acompañará un sobre fechado que dentro conteña: o nome completo do autor, o enderezo, o número de teléfono, o número de D.N.I., a data de execuación do cuadro e o título.
  • Quinta: A retirada dos cadros farase persoalmente polo autor ou por persoa autorizada, durante un mes a partir da finalización da exposición; pasado o devandito prazo, enténdese que renuncia a calquera dereito sobre os mesmos.
  • Sexta: As obras pasarán unha selección previa antes de ser expostas, Exposición que se inaugurará nas datas que preceden o día das letras galegas.
  • Séptima: Os premios serán os seguintes:

ÚNICO PREMIO----------1.200 Euros.

PARA PARTICIPANTES DE ATA 18 ANOS----------200 Euros.

  • Octava: Os premios non poderán dividirse.
  • Novena: Os cadros premiados quedarán no poder do Concello e pasarán a formar parte do Patrimonio Cultural do mesmo, podendo reproducilos e difundilos con enteira liberdade.
  • Décima: Os premios fallaranse, por un xurado cualificado, composto por persoas vinculadas co mundo da cultura, que fixará a data de exposición e entrega dos premios a facer na casa da Cultura do Concello. O CONCURSO PODERASE DECLARAR DESERTO.
  • Décimo Primeira: O pintor que o desexe poderá poñer precio a súa obra, para o caso de non resultar premiada.
  • Décimo Segunda: O fallo do xurado será inapelable. Os concursantes, polo feito de concursar, aceptan integramente as presentes bases.
Remata a presentación o 16-05-06
IX CONCURSO LITERARIO DE RELATO CURTO PARA PRIMARIA E E.S.O

No ano 1996, o Concello de Muiños aprobou Convocar tódolos anos, un concurso entre Escolares de Galicia co obxetivo de promover o coñecemento da Baixa Limia. A convocatoria correspondente o ano 2006 rexerase polas seguintes bases:

  1. O concurso debe ter modalidade de RELATO CURTO. E debe estar ambientado na Baixa Limia, tanto no presente como no futuro. Valorarase, a imaxinación, a creatividade e o coñecemento da Baixa Limia.
  2. Poderán concorrer ó concurso tódolos estudiantes (individualmente ou en grupo) dos colexios de ensino de Galicia.
  3. Os traballos, redatados en galego, poden presentarse escritos a mao (letra lexible) ou letra mecanografada. A extensión será entre 2 ou 3 folios para alumnos de primaria, e 5 folios a doble espacio para os de E.S.O.
  4. O concurso convócase en dúas modalidades:

    Ensino Primario

    I. Premio----------180 Euros.

    II. Premio----------90 Euros.

    E.S.O

    I. Premio----------180 Euros.

    II. Premio----------90 Euros.

  5. Haberá senllos premios especiais de 300 euros para o colexio de primaria e de E.S.O que presente maior número de traballos e de mais calidade.
  6. Os traballos na primeira páxina irán co título de relato corto cun lema ou seudónimo. O traballo entregarase nun sobre pechado co nome, apelidos e colexio, do autor do traballo e no exterior escribirase o título de relato curto, lema e modalidade.
  7. O xurado cualificador estará nomeado polo Concello de Muiños, que poderá declarar deserta algunha modalidade do concurso.
  8. Os traballos poderan entregarse nas oficinas do Concello de Muiños, ou envialos por correo certificado ó seguinte enderezo:

    CONCURSO LITERARIO "UNHA VIAXE POLA BAIXA LIMIA"

    PRAZA S. ROSENDO, 1

    CONCELLO DE MUIÑOS

    32880-MUGUEIMES

    O prazo de presentación finalizará o día 16 de Maio de 2006 (para certificar a data será válido o mataselos de correos ou da secretaría do Concello).

  9. O xurado fixará a data de entrega de premios que terá lugar no edificio da Casa da Cultura do Concello de Muiños. A participación no concurso supón a plena aceptación destas bases e do fallo do xurado.
MAIS INFORMACIÓN:
CONCELLO DE MUIÑOS
CONCELLERÍA DE CULTURA
Teléfono: 988 456 403
Plaza de San Rosendo, 1
32880-Mugueimes
E-Mail: concello.muinos@eidolocal.es
MUIÑOS
Homenaxe a Xosé Luis Méndez Ferrín
14-01-05
Primer Dolmen de Plata

Fuente: La Voz de Galicia.

El Concelllo de Muíños homenajeará el próximo sábado al narrador Méndez Ferrín, autor, entre otros, de Arraianos . Así lo acordó la corporación, que le entregará el primer Dolmen de Prata en reconocimiento a su obra en favor de los valores de la comarca.

Ferrín será recibido de mañana en el Concello, luego visitará Salgueiro, habrá un almuerzo y una visita a O Corgo. Por la tarde se hará la entrega del dolmen con lectura de textos de Arraianos , una exposición sobre el autor, su discurso y el cierre del acto con la interpretación del Himno do Antergo Reino de Galicia.

Co gallo deste recoñecemento, o programa "Sempre en Galicia" que dirixe Xosé Lamela (ó que podes acceder picando neste vínculo) contará en directo con entrevistas dende Muiños, achegando a tódolos que sigan a emisión a través da rede este evento de recoñecemento ó autor arraiano candidato ó Nobel de Literatura
www.BaixaLimiaXures.com, non se responsabiliza dos posibles cambios, alteracións, cancelacións, modificacións ou suspesións que se acorde polos responsables ou organizadores; tampouco se responsabiliza de calquer erro ou omisión que se poida dar á hora de engadir esta información -simplemente se debe considerar a mesma a modo de anuncio e co único fin de dar publicidade ás distintas iniciativas que xurdan- o que non implica que os interesados se poñan en contacto cos responsables ou organizadores dos distintos eventos co obxeto de confirmar e ampliar o que se amosa eiquí.
baixalimiageres@hotmail.com
© www.baixalimiaxures.com