Acceso á Baixa Limia Xurés. Desde Ourense, o mellor acceso é a estrada N-540 que discurre desde Lugo (pasa por Ourense Capital) pasando por Celanova segue o seu trazado até Bande (primeiro município da Bisbarra e cabeceira Xudicial) até Portugal (Raia da Madalena). Desde Xinzo de Límia (Ourense) lugar por onde discurre a Autovia das Rias Baixas, podemos apañar a estrada comarcal de Xinzo a Ponte Liñares, desde aqui outra estrada comarcal nos conduce até Muiños (Mugueimes), minicipio polo cual tambien se estende o Parque Natural Baixa-Limia, Serra dó Xurés, seguimos camiño até chegar a Cadós, entón As Conchas (Lobeira) onde podemos enlazar coa N-540 ou ben seguir pola estrada local que une As Conchas con Xendive e Ganceiros no município de Lobios. Desde a N-540 tamén podemos enlazar co município de Entrimo e á sua vez con Portugal pola Raia de Castro Leboreiro. Desde Portugal temos moitos pontos de comunicación para chegar á Bisbarra da Baixa Limia e ao Parque Nacional Peneda Gerês (Portugal). Podemos apañar a Auto-estrada que une Lisboa con Tui (Pontevedra). Desde a Auto-estrada buscaremos a saída de Che pon dá Barca (Portugal), através desta comunicación chegamos ao corazón do Parque Nacional e da Bisbarra da Baixa Limia. Espetando nas ícones podras ver mellor a situación xeográfica da Zona da Baixa Límia Xurés, do Parque Natural Baixa Limia Serra dó Xurés, e do Parque Nacional Peneda Geres. Faremos unha descrición das vias e medios de transporte recomendados para chegar da forma mais rápida posíble. |