VILA TERMAL LOBIOS
TERMA
VILA TERMAL LOBIOS - RIOCALDO -
baixalimiaxures.com
LOBIOS
ENTRIMO
MUIÑOS
LOBEIRA
BANDE
Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés
Xurés Gerês
Parque Nacional Peneda Gerês

NA PAXINA 2, ENCONTRARAS INFORMACIÓN COAS OPINIÓNS DA XENTE DE RIOCALDO E LOBIOS, ¡ NON ESQUENZAS CONTINUAR A VISITA !

SITUACIÓN

O Balneario atopa-se ubicado no povo de Riocaldo (Lobios), provincia de Ourense. Todo iso na Comunidade Autónoma de Galicia (España). Para chegar ata Ríocaldo dende Ourense collemos a N-540 que nos conduce ata Lobios. Unha vez chegamos a Lobios temos que seguir dirección Portugal pola estrada OU-312 que leva ata A portela d'Home.

A uns 8 Km. de Lobios atopa-se Riocaldo, lugar onde está ubicado o balneario e a piscina pública de auga termal. (Se ben hai que aclarar que cando se acaben as obras do balneario esta piscina desgraciadamente desaparecerá).

VILA TERMAL LOBIOS RIOCALDO

Hotel Balneario: 86 cuartos

Categoria: 4 estrelas

Telefono Reservas: 902 492 400 / 401

988 302 255

Riocaldo, s/n - Lobios (Ourense)

www.balneatermal.com

SUBIR


CARACTERÍSTICAS

A auga do manantial de Riocaldo filtra-se cara o fondo da falla que atravesa este lugar (lembremos que seguindo o percorrido de dita falla atoparemos unha serie de nacentes termais como o de Caldas de Geres -Portugal-, en Portoquintela -Bande- dirección Ourense, onde se atopan As Burgas), e de onde obtén a mineralización que caracteriza a este balneario.

Características Químicas:

  • Temperatura: 77º C.
  • pH: 8,58

Todo iso acompañado dunha mineralización en Cloruros, Sulfatos, Nitratos, Fosfatos, Fluoruro, Carbonatos..... que a fan única.

Os Romanos deron moito aprecio a estas augas, e é por iso que eiqui podemos atopar os restos da antiga mansión de AQUIS ORIGINIS.

E de todas son coñecidas as súas propriedades curativas nas enfermidades da pel, o reuma, a gota.

SUBIR


FOTOS BALNEARIO

Actualmente está-se a traballar na construcción do Hotel-Balneario de Riocaldo, a empresa encargada da esplotación de dito balneario é a Fundación San Rosendo de Ourense. Fundación que xa posui na actualidade algún balneario mais na província.

HOTEL BALNEARIO

PLANTA DEL HOTEL BALNEARIO

HOTEL BALNEARIO RESTAURANTE
PLANTA DEL RESTAURANTE
RESTAURANTE HOTEL BALNEARIO
HOTEL BALNEARIO
RESTAURANTE
HOTEL BALNEARIO

SUBIR


INSTALACIÓNS DA VILA TERMAL DE LOBIOS - RIOCALDO -

HOTEL

Entre a completa gama de servicios que se poden desfrutar nesta Vila Termal, atopanse:

  • O Restaurante, con unha excelente variedade gastronómica.
  • O café-bar con terraza exterior.
  • O bar-inglés.
  • Os salóns de xuntanzas para banquetes.
  • A sala de xogos e un longo etc.

En perfeita consonancia co inovador estilo deste complexo termal, atopan-se os seus 85 cuartos dotados de todas as comodidades, para oferecer ao visitante un merecido descanso despois dunha inesquecíbel xornada no balneario.

BALNEARIO

As excelentes propriedades das augas deste Balneario, xunto coas técnicas que en el se imparten por parte do equipo humana que o forman (médicos, fisioterapeutas, masaxistas, etc.) sempre velando pola saúde coa adecuada profisionalidade, fan que o visitante poida atopar o equilibrio físico e psíquico necesário para seguir desenvolvendo a súa actividade diária.

Estas augas termais son espécialmente indicadas para problemas reumatológicos, respiratorios, dermatológicos, dixestivos, curas de relax e antiestrés, sen nosesquecer , por suposto, dos distintos tratamentos de beleza, que é signo externo de saúde e benestar.

Características das augas

  • Bicarbonadas
  • Cálcicas
  • Hipertermais

SUBIR

CONTÍNUA COA VISITA, PRETENDEMOS ANALIZAR O QUE SUPORÁ O BALNEARIO PARA A XENTE DE RIOCALDO E LOBIOS

PAXINA 2

baixalimiageres@hotmail.com
© www.baixalimiaxures.com