Esta páxina quero dedicar-lla ás tres persoas mais importantes da miña vida.
A Sofía e Pedro polo tempo que me
tomo emprestado para tentar divulgar o mellor da terra que me vió
nacer, tan presente en min como o oxixénio no ar. A Mª Paz
que a pesar das queixas por ese tempo dedicado a este proxecto,
no fondo para ela que medrou na Baixa Limia Xurés, sente-se
orgullosa de todo o exposto e contribui activamente na confección
desta web.
Pretendo mostrar o meu agradecemento público a todos os que colaboran con esta páxina. ¡GRACIAS!
|
|
- José Díaz Alonso (meu pai). Polo
seu apoio, ensino e paixón por estas terras arraianas, das que me
impregnou; convertendo-se no guia, exemplo e referinte á hora de focar
moitos dos traballos que teñen que ver co Xurés. A sua sabedoria,
coñecemento, respeito do medio natural e das tradicións son a miña
guia.
|
- Emilio Paz Araujo. Polos seus comentários
sobre o val do Límia, en especial sobre Aceredo. As suas descricións
Etnográficas enriquecen a miña curiosidade día a día.
|
- Miguel Anxo Díaz Rodríguez. O
meu querido curmán, que compartiu comigo as suas maravillosas fotos
sobre o val de Aceredo, e de paso con todos vós a través desta páxina.
|
- José Lamela Bautista (viciño de
Riocaldo). Pola información dispensada a esta web sobre a
Baixa Limia, Aceredo, Manín e Riocaldo mais concretamente. Polas suas
parolas sobre o Xurés-Gerés, que conseguen ensimismarme mais neste
proxecto de Xurés único. Pola sua defensa desinteresada do Xurés.
Pola divulgación desta páxina e pola sua amizade.
- Agradecerlle a
José Lamela Bautista a oportunidade que me deu de colaborar
en Rádio Cornellá e con iso dar a coñecer entre toda a Comunidade
Galega de Cataluña esta páxina e as inquedanzas compartidas sobre
o Xurés.
|
- Xulio Cougil Vázquez. Sen a sua axuda esta páxina seria pouco coñecida en Cataluña. Grazas ao programa "Saudade" de Rádio Nou Barris de Barcelona pola difusión desta web. Persoas como Xulio son imprescindibeis na defensa, divulgación e coñecemento da nosa terra, as nosas tradicións e sobre toda a nosa língua.
- Non quixese deixar pasar o momento e non
lembrar o seu fabulosa traballo nas Revistas que editan Centros
Galegos como o de LLeida, co anuario "Xurdimento". O
Centro Galego Nós de Sabadell con "NOS Revista Cultural"
e a agrupación Cultural Saudade co anuario "Saudade";
nas cales veñen-se recollendo traballos sobre a Baixa Limia e
o Xurés.
|
- Xulio Juan García Golpe (viciño de Lobeira).
Persoa dunha humanidade e xentileza reseñabeis. Grazas por colaborar
comigo neste proxecto e por ter unha da mellores páxinas da Baixa
Limia (lobeira.com).
|
- Inés García Fernández das Laxas -Terrachán- (Entrimo). Grazas á sua colaboración esta páxina dispón dun grande número de maravillosas fotografias de Entrimo e outros lugares da Baixa Limia, fotos dunha calidade e beleza inigualabel. O meu mais sincero agradecemento pola sua xentil e desinteresada colaboración.
|
- Carlos Riveira Villanueva. Seu
labor á hora de pensar nesta páxina para compartir as suas fotos sobre
o val de Riocaldo enriquecen-nos un pouco mais a todos.
|
- Mª Dores Rodríguez Fernández -Loli- (Directora do Parque Natural). O seu esforzo, apoio e delicadeza axudaron-me a realizar un dos traballos que mais ilusión me facia: apresentar o Parque Natural desde a óptica do Centro de Interpretación e captar á Cabra do Xurés en plena liberdade.
|
- Benito e Serafín (viciños de Riocaldo e
Lobios, respectivamente), guardias do Parque Natural. Sen
a sua axuda non seria posíbel lograr un acabado igual no traballo
realizado polos montes de Salgueiros. ¡ Ó que fermosas
cabras !.
|
- Persoal Laboral e Funcionário do Parque Natural. Pola sua axuda.
|
- Juan Carlos Rodríguez Domínguez (funcionário do Concello de Entrimo). Pola sua gratitude comigo.
|
- Mª Cristalina, Mª Magdalena,
Aida, Olga Inés Rodríguez Domínguez (viciñas de O Casal -Entrimo-).
Seu
traballo reflectido no Boletín Informativo Municipal "TODO ENTRIMO"
é unha obra de referéncia para coñecer e apreciar este maravilloso
Concello. Infinitas Grazas. Espero que mais pronto que tarde
atopemos de novo esta publicazón na rua para coñecer Entrimo e as
suas xentes a través do tempo.
|
- Manuel Xusto Rodriguez. ¿Qué
se pode dicer do seu traballo sobre a arqueología da Baixa Limia e
en especial sobre os traballos realizados en Lobios? Só me fica congratularme
por poder contar coa sua colaboración nesta aventura.
|
- Celso Rodríguez Cao. Grazas ao seu Libro sobre Santa Comba de Bande e á sua colaboración podemos enteder mellor ese Monumento Nacional desde esta humilde páxina.
|
- José Mª Eguileta Franco. O seu traballo sobre a Baixa Limia non necesita calificativos. Agradezo-lle o material facilitado e o seu apoio a que se divulge nesta páxina.
|
- Benito Alonso (Tedis). Agradecerlle
o seu esforzo e consideración para que se publicasen, entre outras
moitas fotos enviadas, ésas que nos lembran ao lexenndário grupo de
Lobios "The Tedis".
|
- José María Sánchez González. Gracias por colaborar enviando-me unhas estupendas fotografias de San Paio (Lobios).
|
- Beatriz Pereira Rodríguez. O meu agradecemento por compartir eses debuxos tan fermosos sobre alguns dos lugares mais relevantes de Entrimo.
|
- Maite Vázquez. O
mapa artístico de Entrimo é fermoso.
|
- Evaristo González Estévez. A sua colaboración con este web, deixa-nos ao alcance de todos curiosidades como a facilitada tan xentilmente por el.
|
- Jaime Paz Bernardo (Coleccionista Numismático). Polos seus traballos en especial sobre Lobios e Aceredo, que facilitou a sua divulgación a través desta páxina.
|
- José Antonio Martínez Caldas. ¡
Ó que fotos de A Cela ! Magníficas instantáneas deste fermoso
lugar.
|
- Josephine Caldas León. Pola
sua xentileza enviando-me unhas fermosas fotos da Parróquia de Sanpaio
(Lobios).
|
- Técnico de Emprego e persoal Administrativo
do Concello de Bande. Por facilitar-me o escudo desta localidade.
|
- Roberto González Fontenla de Galiciaonline.info. Co seu apoio esta páxina cada dia é mais coñecida. Non teño palabras para lle expresar o meu agradecemento.
|
- Fernando, o "Duende" de Lobeira. Polas suas inquedanzas para mellorar este proxecto sobre a Baixa Limia e polas fotos facilitadas de Lobeira.
|
- Hotel-Restaurante Lusitano. Por apoiar iniciativas como ésta.
|
- Nuria Veloso Estévez. Po-la fermosa
foto da Escusalla (Ludeiros-Compostela -Lobios-).
|
- Antonio López. Pola foto de
Parada de Ventosa (Muiños).
|
- Juanjo Moviña. Polas fotos de
Gustomeu (Lobios).
|
- María Soidade Branco Fernández. O
seu museu de íconos en Santa Comba (Bande), contribuen dunha forma
destacabel a dar un valor engadido ás visitas de verán a o monumento
nacional destas características.
|
- Carmen Marzal. Pola foto de O
Casal (Entrimo).
|
- Marcos. Polas fotos de A Vila
(Lobios).
|
- José Manuel Díaz. Polas fotos
de vários sítios de Muiños.
|
- Helena Baños. Por todas esas fotos que me mandou sobre a Baixa e Alta Limia.
|