ACTIVIDADES sobre PREVENCIÓN DO TABAQUISMO
Programa
"CLASES SEN
FUME" cos Alumnos 1º CICLO ESO:
Departamento de Orientación, alumnos e
profesores/as do 1º ciclo ESO do IES A Pinguela
Análise da PUBLICIDADE sobre tabaquismo de diversas campañas,
como a de "CAMEL".
Elaboración de Murais con slogans que contrarrestaran a
publicidade do Tabaco
Constitución dun GRUPO DE TRABALLO de 6 Profesores do 1º Ciclo
de ESO (Armesto Quiroga José Ramón, Llano Rodríguez Mª Rosario,
Fernández Vidal Concepción, Villapún Castro Montserrat, Núñez
López Covadonga, Vázquez Vázquez Gloria, e a Orientadora do
Centro (Menéndez Lorenzo Aida), para profundizar e programa-las
actividades que se intentaban levar a cabo o longo dos 6 meses cos
alumnos/as de 1º Ciclo de ESO para seguir o Programa "CLASES
SEN FUME".
Análise do Decreto 75/2001 do 22 de marzo sobre control
sanitario da publicidade, promoción, suministración venda e
consumo de tabaco.
Comentario do Plan Nacional de Prevención e control de
Tabaquismo
Charla impartida por persoal técnico da Consellería de Sanidade
e Asuntos Sociais sobre prevención do tabaquismo. Visionado e
comentario de vídeo e proba do Cooxímetro a algúns rapaces.
Investigación por parte dos alumnos/as das razóns que a xente
lles da sobre fumar ou non fumar.
Recollida de diversos tripticos de diferentes organismos sobre
Prevención no consumo de tabaco.
Investigación por parte dos rapaces sobre as enfermidades que
produce o consumo de tabaco
Comentarios de artigos recollidos nos medios escritos de
comunicación. ( Caso da noticia do porteiro Mono Burgos e sobre o
escritor Terence Moix)
Recollida de diversas actividades didácticas elaboradas pola
Xunta de Galicia sobre prevención de drogas, incidindo naquelas que
facían referencia ó consumo de tabaco.
Elaboración de ENQUISA para saber o grao de consumo de tabaco no
noso Instituto
Charla impartida por dúas profesoras da Universidade de Vigo
sobre a Publicidade e o consumo de tabaco
Recollida de material audiovisual "Cine e saude",
contacto co Concello de Ourense sonde se segue este Programa.
Elaboración dunha máquina de fumar
Elaboración dun Programa de Radio donde se dera conta de
tódalas actividades levadas a cabo no Instituto en relación a
prevención no consumo de tabaco
Gravación do Programa de radio, na cadena "ONDA CERO"
de Monforte, polos alumnos de 1º e 2º de ESO.
Emisión do Programa de radio o día 1 de maio ás 13:10 horas.
Emisión que se volverá a emitir o día mundial contra o
tabaquismo
Asistencia dos alumnos/as de 1º Ciclo de ESO a entrega de
premios do Programa CLASE SEN FUME que se realizou en Santiago e
viaxe cultural por Santiago.
Celebración do día mundial sen tabaco no IES "A PINGUELA"
o próximo día 2 de xunio ( o 31 e sábado e non hai clase), como
colofón de tódolas actividades desenvoltas ó longo do curso sobre
PREVENCIÓN DO TABACO no noso Instituto:
Confecionaráse unha gran pancarta na que se exprese NON O
TABACO; escoitaráse novomamente o programa de radio, xa emitido por
ONDA CERO; ENTREGA DE DIPLOMAS ós rapaces que seguiron o programa
CLASE SEN FUME; elaboración da máquina de fumar.
Todas estas actividades pasarán a estar visibles na PÁXINA WEEB
do noso Instituto próximamente, acompañadas de fotografías