A idea da fundación do clube forxouse alá polos anos 1991-92. Despóis do primero cursiño de Monitores de Clube organizado po-la Escola Galega de Montañismo.
  Segundo contan os nosos maiores, o primeiro comentario foi no Galiñeiro, i esta idea empezou a se erguer na serra da Baixa Limia, na provincia de Ourense, para seguir medrando nos Ancares. Despóis diso, a primeira grande actividade organizada foi a viaxe de Semán Santa a Irati, no Pirineo Navarro, no ano 1992. Pouco antes, sairan os primeiros estatutos do Clube, na Casa da Xuventude.
  Nomes lexendarios coma Rafa, Manolo, David, Bolo, e outros abriron huella nesta andaina, tra-los seus pasos foron chegando outros, e grazas ós seus esforzos, fixeron do club o que é hoxe en día.
  Entre outras actividades que desenrola o Club, están: O coidado do rocódromo municipal, sinalamento de rutas de sendeirismo, organización de actividades de sendeirismo, montaña e alpinismo, marchas populares, coidado do Sendeiro Entre Rías, publicación do Andarego, participación en deportes de aventura, e o noso propio equipo de Raid, exitoso participante nas Ligas Nacional e Autonomica de deportes de Orientación. Ademáis dende Outubro do 2004 tamén ten presencia na rede a traves deste sitio web.
  E de gran trascendencia, as Xornadas de Tempo Libre na Montaña, que traen a Pontevedra tódolos anos a convidados de máximo nivel da escalada, a aventura e o alpinismo.