Cando se precise sitio para as fotografías da seguinte saida, seleccionaranse unhas poucas fotografías ilustrativas do desenrolo de esta, para quedar definitivamente no álbum. As demais eliminaranse para facer sitio ás novas.
Agardamos os vosos comentarios e suxestións (tedes o enderezo ó final desta páxina).
|
Tras do temporal de neve de Xaneiro un grupo de afoutos montañeiros achegouse a Burbia para disfrutar dunha fin de semana branca. A calma despois da treboada deixoulles un dia espectacular, pero a cantidade de neve foi tal que nin con raquetas foron quen de chegar ó seu obxectivo, o Mustallar.
|
|
Guille cóntanos "...un dia maravilloso, para min una experiencia inolvidable, e coa mellor compaña". Outra actividade fora do calendario con outros membros do clube no corredor do pilar sur en peña Ubiña.
|
|
 Fora do calendario oficial do club tamén se fan saídas a nivel particular. Algunhas delas non teñen nada que envexar as saídas oficiais do club, no tocante a puntos de interese, e o único xeito de "apuntarse" a estas saídas e frecuentar o club, relacionarse coa xente, falar dos sitios que mais nos gustan, ou que quixeramos coñecer, e propoñer ideas. Esta parte mais social é, como mínimo, tan importante como a parte deportiva ou a técnica, así que xa sabedes... unha vez mais...
|
|
 Aproximación ó Pico Urriellu Ano 2000
|
|
 Pontesampaio, pasa o tempo e o Entre Rías, despois de máis de dez años, segue a ser a cita anual do club Montañeiros de Pontevedra. Cada ano trátase de mellorar e facela distinta, para o que é necesaria a presencia de todos, tanto socios coma non socios. Nas últimas tempadas Carlos Ríos é o principal promotor da "Marcha popular á Fracha".
|
Actividade: Sendeiro PRG48: Entre Rías Data: 1995 (FOTOGRAFÍA: La Voz de Galicia)  Pontesampaio, fotografía do xornal na inauguración oficial do primeiro sendeiro homologado do club Montañeiros de Pontevedra. Nesta primeira edición do Entre Rías todos éramos máis novos, pero a maioría continuamos achegándonos ó monte coa mesma ilusión.
|
Estamos de acordo..., son poucas. E... xa que a todos nós nos parecen poucas as fotografías publicadas ata o de agora, creamos unha conta de correo específica e UNICAMENTE destinada ó envio, para esta a vosa web, de todo tipo de contidos: rutas de interese, fotos de saídas, comentarios, impresións, suxestións..., etc.
O límite de este buzón é de 250Mb pero o máximo permitido en arquivos adxuntos para cada mensaxe é de 10Mb, se se sobrepasa rebota o correo ó buzón do remitente, coa conseguinte perda de espazo deste (o remitente) para recibir outras mensaxes.
Para evitar na medida do posible a "inevitable" saturación con correo basura (SPAM), este buzón está configurado en modo "EXCLUSIVO", é dicir, só se aceptan na bandexa de entrada, correos de enderezos previamente engadidos á lista de "enderezos seguros", os demáis son tratados como correo non desexado eliminándose periódicamente.
Como norma xeral só se aceptarán colaboracións dos socios. Aqueles que recibiron o correo coas actividades de febreiro-marzo están xa incluidos na devandita lista. As solicitudes de inclusión de outros enderezos, serán estudiadas en cada caso particular pola Xunta Directiva e os responsables da web.
No caso de engadir fotografías no correo, e tamén como norma xeral, estas terán o formato JPG ou JPEG, as súas dimensions (medidas da imaxe) serán tales que "entren nun marco" de 800x600 píxeles, e o séu peso (tamaño en Kb) non excederá os 150Kb por fotografía.
Ademáis no correo engadirase, alomenos, a información mínima necesaria para identificar inequívocamente o que nela aparece, nomes de cumios e altura, ruta seguida ata o lugar, nome de monumentos, poboacións ou calquera punto de interese especial que apareza nas panorámicas..., etc.
A maiores sempre serán ben recibidas calquer tipo de comentarios sobre a mesma, impresións persoais da xornada, anécdotas da ruta e calquer outro dato que pensedes que poida ser de interese para os demáis montañeiros ou que queirades compartir con todos eles.
A dirección é: CMPWEB@HOTMAIL.COM ...xa estades tardando