Escalada.


ARRIBA
Competición de escalada 2.004

    Esta proba, puntuable no Campeonato Galego de Escalada Deportiva, celebraráse no rocodromo municipal da Xunqueira en Pontevedra o domingo día 12 de Decembro de 2.004. É unha actividade na que poden participar todolos deportistas federados na Federación Galega de Montañismo (FGM), sendo o precio da inscripción de 10 euros e a data límite o 9 de Decembro do 2.004.

    A entrada ó pabellon para os espectadores será de balde, e o modelo de competición será de dificultade en vía, coas seguintes características:

  1. As vías clasificatorias serán na modalidade a FLASH, o que quere dicir que a vía terá que encadearse nuha soa tentativa, ainda que está permitido que os participantes teñan unha información previa da vía, tanto vendo a progresión dos outros participantes, como facendo comentarios entre eles.
  2. As finais serán na modalidade a VISTA, o que quere dicir que os finalistas non poderan verse entre si, e que non terán mais informacion da vía que aquela a que lles dá o sentido da vista e a sua experiencia.
    Abrirase a zona de quecemento a partires das 10:00 da mañá, e as primeiras probas clasificatorias serán a partires das 11:00. Ó rematar as probas clasificatorias os participantes clasificados pasarán á zona de illamento, e os equipadores procederan a montar as vias nas que se disputarán as finais. Deste xeito ningun participante ten coñecemento algún das caracteristicas da vía a escalar, ata que chega a pé de vía.

Resultados:

 
CLASIFICACIÓN FIMININA:
PARTICIPANTE CLUB LOCALIDAD
Pilar Vazquez AZIMUT VIGO
Lola Dominguez AZIMUT VIGO
Andrea Chlebova ÁRTABROS A CORUÑA
Katia Sanz AZIMUT VIGO
Patricia Prida C.M. FERROL FERROL

 

 
CLASIFICACIÓN MASCULINA:
PARTICIPANTE CLUB LOCALIDAD
Luis Penin ÁRTABROS A CORUÑA
José A. Villar AZIMUT VIGO
Jorge Rodríguez ÁRTABROS A CORUÑA
F. Javier Rodríguez ÁRTABROS A CORUÑA
José Yera ÁRTABROS A CORUÑA
José Juan Domínguez C.M. PONTEVEDRA PONTEVEDRA
F. Javier Rodríguez ÁRTABROS A CORUÑA
Ivan Rouco C.M. FERROL FERROL
Gustavo Vázquez C.P. TREVINCA VIGO