O Andarego é a revista do Club de Montañeiros , xa levamos 3 edicións e pronto sairá a cuarta
O Andarego é a pesoa que anda. É un camiñante e esto é o que define a súa presencia.
O Andarego é ademáis a revista do Clube de Montañeiros de Pontevedra.
Pretende ser o medio de comunicación e intercambio de experiencias entre a xente que, de xeito habitual ou eventual, participa nas actividades do clube.
Trátase fundamentalmente de construir un soporte no que queden recollidas as experiencias nacidas do achegamento ó medio natural e a realidade xeográfica e cultural das zonas que ó longo do ano visitamos.
... a característica principal dos chozos é a conformación de dous ou tres arcos de canteiría que nacen na parte baixa dos muros e na dimensión menor da habitación, que sosteñen a teitume. As pezas que forman os arcos, o salmer, a do nacemento, as dovelas, intermedias, e a clave, a central, teñen unha labra sinxela, pero singular, por tratarse de construccións de pastoreo, xeralmente moito mais ruíns...
Ascensión ó Toubkal.
... levamos catro horas de ascensión e temos moitas ganas de chegar.
Por fin vemo-lo cume, o cal nos enche de ganas de seguir e imos ansiosos tentando de saborear as últimas pegadas...
... nin unha nube no ceo, e vemos ata que se confunden as nubes e as chairas no horizonte...
Aventura nos Picos.
... o día seguinte pola mañán subimos ata Vega de Urriellu ( a base do Naranco) disfrutando dunha paisaxe única e dunha chea de rebecos. Voltamos a nos atopar "outra romería", nenos scouts tocando a guitarra, escaladores tomando o sol, un tolo escalando sen corda...
outros artigos neste nº.
Material de montaña ( Alfonso Pérez), Socorrismo na montaña ( David Pérez), Montañismo algo máis ca un deporte ( Ana Dios)
Podemos atopar nesta revista, escritos de diferentes persoas, nos que se reflexiona, exalta, xustifica... en fin se fala desta actividade... no actual mundo no que todo está descuberto, pódese seguir narrando cun halo aventureiro a memoria dunha saída ao Courel ou a Fracha, Pódese referir unha montaña cun romántico panteismo e ate despertar en nós ese mítico vencello coa nai terra...
A mochila global. ¿Porqué estou ben?
... un exemplo a todo isto son os actuais xeneradores e ions negativos cos que contan os xaponeses nas fábricas e nas casa...pero si fago unha chamada a ese ratiño libre que podemos sentir ó marxen de todo ruido salvo o natural, nalgún espacio aberto, unha praia, montaña, val , río ou mar e todos alqueles lugares máxicos. ¿E porqué máxicos?. Pois quizá deles extraemos o AI ou enerxía negativa que nos activa todo o corpo.
Ventaxas e desventaxas dunha moza en apuros
Cando escoitei por primeira vez falar do famoso club de montañeiros pensei: ¡Uff! vaia forma física haberá que ter para pertenecer a él. Seguro que todos están cachas, teñen pelo no peito e traballan como executivos agresivos...
Arquitectura popular (III). A casa de pedra
Ainda que os fundamentalismos non estean de moda vouvos dar o título dun libro de culto. O autor chámase Xaquín Lorenzo. O título do libro é A Casa, e fala de moito máis que de muros, fala de corredoiras, solainas, balagustos, lareiras...
outros artigos neste nº
Os parque eólicos ameazan a serra do Xistral / Roteiro pola serra do Gerés / Saída a Villablino / Pregúntalle o burricán / O Rañadoiro...
O Andarego está por chegar aínda...